Páginas

24 feb 2010

CELEBRAMOS O ENTROIDO



Quedamos un pouco cansos despois da celebración do Entroido, pois ademais de facer os disfraces e o boneco, tamén tivemos que entrenar moi duramente para estar en forma para o desfile. Seguindo co proxecto europeo "The Olympic Spirit: The bridge between Comenius Friends" cada clase escolleu un deporte olímpico a practicar:

en Infantil esqui, xinnasia rítmica e boxeadores

en 1º esgrima

en 2º natación

en 3º salto de obstáculos

en 4º equitación

en 5º e 6º ciclismo

Menos mal que despois de tanto esforzo repuxemos forzas con riquísimas filloas, freixós, buñuelos, orellas e rosquillas.

SABEMOS MOITAS COUSAS DOS DINOSAUROS


As nenas e nenos de 3º saben moitas cousas dos dinosauros. Organizáronse en grupos e investigaron en moitas fontes que Libruxa lles foi mostrando.
O resultado é este libro que tamén lle regalaron a Libruxa pola súa axuda e para que llelo preste a outros nenos.
Preme na portada e poderás ver e ler o seu traballo.
Agora van contarlles todo o que saben aos nenos e nenas de 5º.

22 feb 2010

ORGULLOS@S DO NOSO


A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Linguística, ven de pór en marcha un espazo web no que amosar o orgullo que temos os galegos e as galegas pola nosa lingua, polo GALEGO.

E como é a nosa lingua propia, temos a obriga de coidala, trasmitila e facela medrar.

21 feb 2010

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA


O vindeiro 21 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Lingua Materna, establecido en 1999 pola Conferencia Xeral da Unesco, para promover o pluralismo lingüístico e a diversidade cultural. Se premes na imaxe atoparás algunhas propostas e seguir sumando grazas ás linguas.

18 feb 2010

A NOSA LINGUA

A plataforma PROLINGUA está a presentar en diferentes lugares do mundo o libro "55 mentiras sobre a lingua galega". Unha proba máis de que o galego fálase polo mundo adiante.
Aquí tedes un pequeno adianto do libro:


Prolingua 20 Mentiras sobre a lingua galega (2010)

CONTACONTOS E TALLER

O pasado día 8 de febreiro tivemos a visita de persoas de Kalandraka. Ás nenas e nenos de Infantil contáronlles moitos contos e participaron un montón: cantaron, marcaron ritmos...Non puideron estar na biblio porque alí estaba 6º curso traballando nun taller de escritura. Escribiron textos a partires de cantigas tradicionais galegas e de Cabo Verde.
Libruxa dixo que fora moi divertido.