Páginas

18 nov. 2017

UN PASO CARA A IGUALDADE



A violencia de xénero segue a ser unha das principais lacras da nosa sociedade. É necesario tomar conciencia desta situación que nos rodea. Por iso, cada 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Unha xornada para reflexionar: “Ponlle fin para ter un principio”.

   Dende a escola debemos condenar calquer tipo de violencia e preservar os dereitos das persoas, concienciar aos nosos nen@s da importancia da igualdade, da tolerancia e do respeto cara os demais e aportar o noso gran de area a esta causa común.


   Por iso, dende a biblioteca, Libruxa elaborou unha proposta de actividades e lecturas para esta semana que seguro nos axudarán a traballar a sensibilización cara este tema.  


   1.-  A principal actividade na que vai participar o alumnado de Primaria é a proposta que se nos fixo dende o Concello: un acto institucional o día 24 de novembro coa lectura dun manifesto e a participación de alumnado e profesorado dos distintos centros educativos do municipio, asociacións e poboación en xeral baixo o seguinte lema: 



    



   Estas son algunhas das imaxes do acto na que participamos co alumnado de primaria e cun recitado de poemas non sexistas de Carmen Gil, a cargo dos nenos e nenas de 5º: 




  O alumnado de Educación Infantil tamén tivo o seu pequeno acto no cole e tamén decoraron o panel con palabras contra a violencia: 








 Agradecemos tamén aos responsables da Concellaría de Servizos Socias pola doazón  para a biblioteca do centro dun lote de libros con temática relacionada coa ingualdade e a prevención da violencia de xénero e que, por suposto, formará parte das actividades de animación á lectura que terán lugar ao longo desta semana no noso centro. 





2.- Semana da Igualdade, onde se introducirá o tema a través do libros que estarán a disposición de todo o centro nos expositores temáticos da biblioteca: 







  
  Os contos non só nos serven para traballar habilidades de lectura e comprensión, senón que a través do poder da palabra e das imaxes podemos axudar aos nosos nen@s a interpretar os estereotipos e os roles de xénero.      
 - Colección de libros escritos por Adela Turín













Actividades despois da lectura


- Creacion das personaxes para representar o conto en teatrillo ou murais. 


- Versión alternativa: ben por grupos ou individual pódese resescribir a historia para favorecer a igualdade e o bo trato. 

- Continuar a historia:  Que pasaría con Clementina? Que estará facendo? Como se sentirá? Que pasou con Arturo?...Pódese ilustrar, escribir un novo conto, un cómic...


-El Príncipe Ceniciento



-Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?  de Raquel Díaz Reguera. 


 Como remate a historia na páxina da autora atopamos a Carlota, a protagonista do conto, que o alumnado pode debuxar e representar tal e como ela soña con ser, nada que ver cunha princesa rosa: 


- "O libro dos porcos" de Anthony Browne.







- "A voda do galo Pinto" de Juan Antonio Belmontes




- Audioconto creado polo alumnado do CEIP El Puche a partir do cuento
El Monstruo, de Daniel Martín:







Audioconto de La escuela secreta de Nasreen, de Jeanette Winter. 
    En Afganistán, coa chegada dos Talibáns, as nenas teñen prohibido ir á escola, as mulleres non poden saír da súa casa sin ir acompañadas dun home da súa familia. Esta é a historia real dunha nena chamada Nasreen. Seus pais desaparecen e ela deixa de falar. Súa avoa decide levada a unha escola secreta. É alí onde descobre novos horizontes. 




- Selección de volumes que falan de mulleres extraordinarias e valentes que cambiaron a historia pero que polo feito de ser mulleres non tiveron no seu momento o recoñecemento que se merecían. Todas as nenas deberían medrar pensando que poderán ser o que elas queiran. Érase unha vez...unha muller que descubriu cómo se da a metamorfose das mariposas, outra que se convertiu nunha gran diseñadora, nunha inventora, nunha espía...Frida Kalo, Jane Goodall, Coco Chanel, Nina Simone, as irmáns Brontë, Marie Curie...todas elas exemplos de determinación para as que soñan en grande. 




               





- LALO, " el príncipe rosa"  e SUPERLOLA só queren ser eles mesmos para sentir, xogar, pensar e camiñar libremente á marxen de normas e estereotipos sexistas: 





OUTROS VÍDEOS INTERESANTES SOBRE A SENSIBILIZACIÓN CARA A DISCRIMINACIÓN DE XÉNERO








- Outras propostas tamén se poden facer dende a MÚSICA. Aquí vos deixo unha pequena selección de cancións relacionadas con este tema

    - "Que nadie" de Manuel Carrasco e Malú



   - "80 veces" de Rozalem




  - "Respirar" de Bebe



  - "Hogar" de Pedro Guerra



   - "Yo no soy esa mujer" de Paulina Rubio



   - "Abre tu mente" de Merche




   - "Angel de amor" de Maná




   Unha actividade que podemos facer despois de escoitar a canción que escollamos é traballar coa súa letra:
                           - analizala
                         -  buscar frases ou palabras que encerran violencia ou desigualdade fronte a outras palabras que falen contra esa violencia. 
                          -  escribímolas en pequenos trozos de cartulina e debuxámolas noutro 
                      -  vamos formando o lazo púrpura, símbolo contra a violencia de xénero, como aparece no traballo feito por alumnado dun cole: 










15 nov. 2017

TEMPO DE CASTAÑAS






   Este venres celebramos no cole o Magosto. Xa estamos preparados para asar as castañas e, despois de comelas, coma todos os anos, temos preparados uns xogos populares moi divertidos.
   Ademáis, xa está case rematada a exposición de froitos e productos de outono que van traendo os nenos e nenas en colaboración coas familias.

   Para ir entrando en materia, Libruxa buscou algúns vídeos e materiais que de seguro vos sirven para falarlles aos nenos e nenas sobre este tema nas aulas.


       Un pouquiño de tradición:





     Contos:

"A castaña que rebentou de risa" http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipcarloscasares/system/files/A+CASTA%C3%91A+QUE+REBENTOU+DE+RISA_0.pdf






               

    Cancións:


   



  Para este magosto, ademáis de comer e xogar, a profe Dolo de 5 anos preparou para os máis peques do cole unha pequena animación lectora na biblioteca sobre o conto do "O Coelliño Branco":




25 oct. 2017

ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO. PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL 2017





   O galardón concédeo o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para distinguir unha obra de autor español, escrita en calquera das linguas oficiais do Estado, editada en España durante o pasado ano 2016. 

  Dende este pequeno rinconciño de A Mariña, onde o mar tamén é protagonista, e da biblioteca de Libruxa queremos darlle a noraboa a Antonio García Teijeiro polo merecido recoñecemento non só a esta fermosa obra poética, senón a toda a súa labor como poeta, narrador, crítico e especialista en literatura infantil e xuvenil. 

     A nosa pequena homenaxe a este autor é crear un recantiño na nosa biblioteca adicado a "Poemar o mar", con esta obra no atril de Libruxa para que os nen@s a vaian lendo, e un mural que se irá enchendo con debuxos, palabras, ou tamén versos, que os poemas lles vaian suxerindo na súa imaxinación ou con datos da biografía do autor que lles chamen a atención, tamén con poemas doutras das súas obras... 

    Dentro de pouxo veredes o resultado.




   A pequena homenaxe do alumnado de 2º A foi escoller un poema seu para recitar no festival de Nadal e facer o caligrama navideño.

    


     

XA CHEGA O SAMAÍN







 Está chegando unha das festas favoritas dos nen@s e xa empezan a visitar a biblioteca seres misteriosos e fantásticos. Libruxa está moi contenta. Tamén é unha festa moi especial para ela. É unha bruxa e xa se sabe...está moi ben acompañada polos seus amigos morcegos, pantasmas, vampiros... Xa está engalanando a chimenea, preparando a súa capa para as ocasións especiais, cepillando ao seu amigo Gato. Imaxinades a de historias que se contarán pola noite, cando están sós? Sen ninguén no cole. 
  Nunha destas noites decatáronse que non chegara aínda ningún monstro. Algo lles tiña que ter pasado. Tiñan que facer algo e a Libruxa ocurreuselle pedirvos axuda para facer un MONSTRUARIO con criaturas incríbles e divertidas que deixarán de estar na vosa imaxinación. E esta foi a carta que vos escribiu e que recibistes xa nos vosos buzóns: 

   SAMAÍN by Nazareth on Scribd
   
   
   Tamén vos deixou unhas plantillas para que fórades decidindo que cualidades terán os vosos monstros, como se chaman, onde viven, os seus poderes...e así, pouco a pouco, ir dándolles a súa peculiar personalidade monstruosa.

   PLANTILLASMONSTRUARIO by Nazareth on Scribd
 

(Esta idea de plantilla está sacada do fantástico blog de Isabel Bermejo:  http://lapiceromagico.blogspot.com.es/



  Libuxa espera con impaciencia que os monstros visiten rápido a súa biblioteca e poder divertirse coas súas historias. 
















  


   
  Mentres, ela tamén ten moito traballo: desempolvar os libros de medo dos andeis e encargar algúns novos para os expositores, elaborar unha guía con lecturas terroríficas para este mes do medo que vai comezar....


    
   Concur So Monstruos by Nazareth on Scribd

    Como vedes, para completar a guía na portada e contraportada organizamos un concurso de monstruos. Os nenos e nenas, despois de adiviñar quén era quen a través das distintas descricións que se fixeron, tiveron que votar cal era o seu monstruo preferido e o gañador estaría na portada da guía de Samaín deste ano. Resultou gañador o monstruo da clase de 1ª A


   Halloween Samaín by Nazareth on Scribd



   Todo o alumnado puido elexir as súas lecturas terroríficas nos expositores que estiveron case todo o mes adicados a este tema, ben para subir ás aulas, levar en préstamo ou como animación lectora nas sesións semanais na biblioteca: 

    


        Así foi o noso Samaín: 




  Os nenos de Educacion Infantil de 5 anos leron a "Carabuñas", un conto que lles encanta, e fixeron o seu mural con títeres de fieltro para represetar a historia: 






RECURSOS:

https://sites.google.com/site/recursosparaosamain/


- Aquí tedes un pouquiño de lenda:



- De Belén Junquera: 

                                       


- De Carmen Salas:




   Cando visitemos a biblioteca, tamén podemos crear contos de medo grazas a este pequeno taboleiro ao que podemos acceder dende o ordenador e proxectalo na pantalla: