Páginas

17 mar 2013

UNHA PRIMAVERA DE POEMAS



UNHA PRIMAVERA DE POEMAS
apadriña unha poesía

Desde a biblioteca, en colaboración con outras da comarca, propoñemos ás familias esta actividade. Ten como obxectivo a posta en valor da poesía como unha forma máis de literatura e como factor importante na formación de hábitos lectores.
Consiste en que xunto cos vosos fillos e fillas escollades un poema que vos guste, o copiedes na planilla que vos enviamos, lle faigades unha pequeña ilustración, inventedes unha nova estrofa (si se desexa) e cubrades os datos que se indican. Finalmente recortades a flor de tulipán.
O prazo para entregar este traballo será á volta das vacacións de Semana Santa e con todos eles faremos unha exposición no cole que poderedes visitar durante o mes de abril. En maio expoñeremos todos os traballos dos colexios participantes na sala de Exposicións do Concello de Viveiro.
Agradecemos moito a vosa colaboración; sabemos que disfrutaredes cooperando toda a familia. 
Na biblioteca dispoñemos de libros de poesía que os alumnos poden levar en préstamo e aquí accedes a unha Antoloxía poética multimedia.

9 mar 2013

Encontros do Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares

Os días 7 e 8 de marzo reuníuse en Compostela  o profesorado coordinador da BE integradas no PLAMBE.
É moi alentador comprobar como cada ano unha marea de ilusión inunda as ascolas galegas, nas que as bibliotecas se están a convertir nos CENTROS DE RECURSOS PARA A LECTURA, A INFORMACIÓN E A APRENDIZAXE.
 Fíxose fincapé na función das bibliotecas como compensadoras de desigualdades sociais e no seu papel na alfabetización mediática e informacional, un contido imprescindible para o noso  alumnado que medra na sociedade da información.


VISÍTANOS PEPE MAESTRO

O martes 5 de marzo visitou a nosa biblioteca o escritor PEPE MAESTRO.
Contounos dúas historias moi divertidas e bromeaba dicindo que nos ía hipnotizar pois antes de ser escritor traballou no circo e tamén nos dixo que tivera unha granxa escola xa que lle gusta moito a natureza.
Os nenos e as nenas de 3º e 4º curso limos " EL CIRCO DE BALTASAR"  que nos emocionou. Foi o seu primeiro libro. ENCANTOUNOS. Seguiremos a ler os seus libros. 

E os nenos e as nenas de 1º ciclo pasárono FENOMENAL. Dixeron: gustounos moito, era moi gracioso, ogallá viñera outra vez. gustáronnos moito os seus contos. Eran contos clásicos. Tamén nos falou da súa amiga Petronila.

7 mar 2013

SEMANA DA PRENSA

Do 11 ao 15 de marzo moitas das actividades dos coles xirarán en torno á PRENSA.
O equipo da biblioteca preparou un caderno no que atoparedes propostas de traballos que vos axudarán a convertirvos en expertos e expertas XORNALISTAS aprendendo as seccións dun xornal, as partes dunha noticia, etc.
Cada titor e cada titora decidirá se facelo completo ou facer as actividades que crea adaptadas ao seu nivel. 
 

6 mar 2013

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES


Neste  video atoparás porque se conmemora o 
 DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES o día 8 de marzo.

3 mar 2013

AMEMOS CON PALABRAS

Mirade canto CARIÑO e canto AMOR se aprecia estes días na entrada do colexio. Que bonitas palabras para as nosas nais!

"Mamá, quérote moito aínda que me estou dando conta que case nunca cho digo". Así empeza o seu texto unha alumna.

Por que somos tan parcos en manifestar os nosos sentimentos?. Non lle poñamos cancelas e deixemos que as nosas palabras acariñen ás persoas que significan tanto nas nosas vidas.