Páginas

28 abr 2015

LETRAS GALEGAS 2015

Este ano o autor homenaxeado é XOSÉ FERNANDO FILGUEIRA VALVERDE.
Agradecemos ao Seminario Galán o seu traballo e compartilo co resto dos colexios de Galicia: http://seminariogalan.org/inicio/portada
http://seminariogalan.org/inicio/portada

-  DOCUMENTOS PARA IMPRIMIR: Aquí
 Actividades para Educación Infantil e Primaria

- ACTIVIDADES EN LIÑA: Aquí
Actividades LIM e Video sobre a súa vida e obra (Todos os niveis)

- ALBUM DE FOTOS: Aquí


27 abr 2015

VISITA A NOSA BIBLIOTECA, O CREADOR DOS BOLECHAS: PEPE CARREIRO

O pasado luns 27 de abril, recibimos unha visita moi especial no cole. 
Veu Pepe Carreiro, o creador de "Os Bolechas".
Desde fai tempo encántanos ollar, ler e que nos lean as aventuras de Carlos, Pili, Loli, Braulio, Sonia, Tatá e o seu can, Chispa.
Pepe Carreiro amosounos o ben que debuxa. Debuxounos un montón de animais pero o que máis ilusión nos fixo foi ver como debuxaba a Chispa!
Disfrutamos un montón nenos, profes e tamén Libruxa.

25 abr 2015

DÍA DO LIBRO 2015

O pasado xoves 23 de abril, celebramos o Día do Libro no noso colexio cunha actividade moi entrañable e compartida: "MADRIÑAS E PADRIÑOS"
As madriñas e padriños (Alumnos/as de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria) foron buscar as súas clases os seus afillados/as:  nenos e nenas de Educación Infantil, 1º, 2º e 3º de Educación Primaria. Xuntos elixiron un rincón de lectura no patio do centro para contarlles ou lerlles un conto escollido na Biblioteca Escolar e preparado con moito agarimo para os seus afillados.Todos o pasaron moi ben e pedíronlle a Libruxa repetir a experiencia.