Páginas

28 abr 2011

VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL

Os nenos e as nenas do 1º Ciclo visitamos a biblioteca municipal de Burela.

Estivemos moi atent@s ás explicacións que nos deron.






Cando nos fumos déronnos uns agasallos. Gustáronnos moito!



SESIÓN DE ANIMACIÓN

O pasado día 14 de abril tivemos dúas sesións de animación na biblioteca, unha co 1º ciclo de Primaria sobre o libro UN BAÚL LLENO DE LLUVIA de Ana Rossetti e outra co 2º ciclo sobre CUENTOS EN VERSO PARA NIÑOS PERVERSOS de Roald Dahl.
LIBRUXA contoume que estiveran moi participativos e que todos os nenos e nenas tiñan lido os libros.


Desde logo que hai moi bós lectores e lectoras!

27 abr 2011

SENDERISMO POLA BEIRA DO RÍO EO

O alumnado do 2º ciclo foi de excursión a Lugo onde visitou a Diputación Provincial e a Fundación TIC. Alí puido comprobar como son os platós de televisión e como todo o que vemos na TV non ten porque ser real.


Despois comeron en Ribeira de Piquín e fixeron unha ruta de sendeirismo pola beira do río Eo. Comprobade a beleza e tamén a dificultade do camiño. Xa son uns intrépidos camiñantes.


Voltaron moi felices


19 abr 2011

23 DE ABBRIL, DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR

As Bibliotecas Escolares non poden pararse, e menos neste mes de abril, que vén cargado de encontros, soños e actividade arredor do libro e da lectura. O vindeiro 23 de abril, aínda que sexa período vacacional, non pasa desapercibido. Este Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, é un día para reivindicar eses "lugares para a lectura" que construímos entre os lectores e os libros (calquera que sexa a forma que estes libros acaben tomando).


O poeta Carlos Negro agasallou ás Bibliotecas Escolares Galegas cun fermoso texto, "O lugar da lectura", e a Consellería de Educación editou con el un marcapáxinas para celebrar este 23 de abril de 2011. Agradecemos a Carlos Negro as fermosas imaxes do seu texto, aproveitamos para poñer a bufanda colorada e saímos pasear pola fenda do espello.



No Recanto de Mik atoparás unha recopilación de recursos e actividades para utilizar nas aulas.

4 abr 2011

O ALUMNADO DO 2º CICLO ESTIVO NA GRANXA ESCOLA

Os nenos e nenas do 2º ciclo fomos á GRANXA ESCOLA DE BARREIROS en Sarria.

Foron días xeniais. Sentímonos alegres, cheos de vitalidade e con moita responsabilidade. Foi moi importante afrontar o reto de estar tres días fóra da nosa casa.

Ao final acabamos agotadas e agotados, pero mereceu a pena.

Fixemos un montón de actividades e talleres:



  • coidamos os animais


  • recollemos prantas aromáticas para facer un herbario


  • observamos aves e completamos un caderno de campo


  • visitamos unha charca


  • construimos fornos solares


  • fixemos papel reciclado


  • preparamos hamburguesas de soia

Non todo foi traballo, tamén xogamos e bailamos un montón.