Páginas

8 may 2025

ABRIL: AS MIL E UNHA NOITES

 


       Novo mes. Novo reto. E xa levamos 7!!! Seguen chegando os personaxes aos seus contos porque estamos conseguindo superar todos os retos propostos por Libruxa ata o momento. Este apunta a ser un pouco máis compricado, pero intentarémolo!!!

     Este non é o final da historia!!!


    Contos viaxeiros, títulos intercambiados, personaxes mesturados...e as familias deixándose levar pola súa imaxinación. Que mil e un contos poderán saír deste reto?



                - Conto elexido: As mil e unha noites.
                - Obxecto máxico: unha lámpada marabillosa 
                - Reto final: Mil e un contos 

      Con estas historias transladámonos a unha época medieval de contos tradicionais de Oriente Medio, cambiando totalmente de tradición e cultura. A través de relatos encadenados, Sherezade acomapaña ao sultán coa súa imaxinación e creatividade contándolle un relato fantástico cada noite, salvando así a súa vida. 
     Para celebrar o Mes do Libro, a través da idea dos relatos encadenados, propoñémoslles ás familias participar nos “contos viaxeiros” onde crearemos un novo conto partindo do final daqueles que xa coñecemos. Elaborarase un conto por clase que rulará de familia en familia. 
     Poderémolos ler a través do código QR no mural do corredor no edificio 2. 


   



    Para celebrar o Día do Libro, o Departamento de Orientación creou uns contos moooi especiais que nos foron contando ese día




Así quedaron os nosos Mil e un Contos: O frautista de chocolate, Pulgarciño de Bremen, O zapateriro e o Ogro,  Aladino e os sete ananiños, Bela e os sete cabritiños, Os porquiños e a lámpada marabillosa, Brancaneves do Emperador, O lobo valente, Pedro e a casiña de chocolate, o soldadiño e o príncipe, Xoan Durminte, O gato e os trasnos, Carapuchiña e os corenta ladróns...

Ademáis, ao longo deste mes de abril, o alumnado de 5º de Primaria elaborou na aula uns preciosos "Contos Mesturados" aproveitando a idea dos "contos viaxeiros" para as familias:

Contos Mesturados 5ºa by Nazareth


Tamén en formato audiolibro que estivemos escoitando nas horas de ler: