O
luns 6 de marzo comeza a 29ª Semana da Prensa, cinco días nos que os xornais e
as revistas se convertirán nos protagonistas de moitas sesións dentro da
biblioteca e das nosas aulas. Os nosos nenos e nenas convertiranse por
uns días en periodistas e descubrirán a importancia da noticia no seu proceso
de ensinanza-aprendizaxe.
Recursos para traballar con xornais na aula:
Escolma de recursos da rede realizada por Julia González do CEIP Mestres Goldar de Vigo.
di o refrán, xa que febreiro é o mes no que retornan as aves migratorias e os seus cortexos marcan o inicio do renacer primaveral. Así, deste xeito, en toda a imaxinaría popular europea o símbolo do amor son en moitas ocasións parellas de aves xuntando o seus peteiros.
Tamén cun pouco de tradición teatral xa que neste mes do amor é imposible non referirnos a dúas obras con grandes personaxes namorados, pero tráxicos. Quizais as dúas historias de amor máis importantes levadas a escea. ¿Sabedes a cales me refiro? A ver con estas pistas...
Si, por suposto, son Don Juan e Doña Inés, da obra Don Juan Tenorio, de José Zorrilla.
Como non, son Romeo e Julieta, da obra Romeo y Julieta, de William Shakespeare.
Vendo estas imaxes de títeres, tamén Libruxa se pon un pouco romántica cando chega este mes. Ademáis, véñenlle á cabeza dous libros que recupera dos andeis da biblioteca
e pensa....
Bicos, bicos e máis bicos. A quen non lle gusta bicar e que o biquen? os bicos de mamá, de papá, dos avós, dos amigos...pero tamén hai bicos de benvida, de despedida, sonoros, cantarines, bailarines, melosos, bombaaaa..... Pensaramos algunha vez en tantos bicos distintos? Seguro que non, e seguro que se nos ocorren mooooitos máis. Que outros tipos de bicos engadirías ti?
E para ir entrando en materia, a libruxa gustaríalle que vírades este vídeo que se titula "a viaxe dun bico":
E vaia si aos nenos e nenas do cole lles gustan os bicos e expuxeron de moitos tipos no noso particular CATÁLOGO DE BICOS.
Para ir rematando este mes do amor, apareceu un día na biblioteca un photocall baixo o título "NAMÓRATE DUN LIBRO". Aqueles que queiran participar só teñen que traer da casa o seu libro preferido, aquel do que sempre se lembran, o que lles gusta ler todas as noites...para poder sacar unha foto neste teatrillo tan especial.
Coma sempre, no hall da biblioteca están expostas as lecturas e novidades deste mes recomendadas para o alumnado e titores que ben queiran levalas en préstamo ou para lelas nas sesións da biblio ou nas aulas.
Como vedes, Libruxa xa ten o seu novo recunchiño e estará moi quentiña todo o inverno preto desa chimenea que lle construimos e en compañía do seu gatiño. E como non, tamén está preparando o seu saquiño para que Papá Noel lle deixe algún libro de regalo para ler nas vacacións.
Así de contenta quere amosarvos o que se fixo na biblioteca ao longo do mes de decembro co gallo da celebración do Nadal no cole.
O alumnado, en colaboración coas súas familias, foron os encargados, nesta ocasión, de adornar a biblioteca e o hall con elementos tradicionais destas datas e o resultado foi sorprendente. O esforzo mereceu a pena:
Ademáis de expoñer as suxerencias lectoras para este mes, que se atopan coma sempre no hall, visibles e accesibles a todo aquel que se achega ao noso cole, e que normalmente se len cos nen@s nas sesións que temos na biblioteca ou se levan ás aulas para contaxiarlles o espíritu navideño,
ao longo da semana do 12 ao 16 de decembro preparamos unha actividade baixo o título de "Christmas Storytelling", na que os nenos e nenas do cole participaron nas sesións de contacontos en inglés de divertirdas historias de nadal típicas da tradición anglosaxona, contadas por Ruth, a nosa auxiliar de conversa deste curso no centro que se prestou a axudarnos.
Libruxa, coma sempre, antes de irse de vacacións, comparte con vos a guía de Nadal con recomendacións lectoras e gústalle lembrar da importancia de incluír un libriño nas cartas a Papá Noel e aos Reis Magos.
Estas son algunhas das novidades que Libruxa pon á nosa disposición e que seguro nos farán reflexionar. Atoparedelas no stand LECTURAS POLA PAZ. A disfrutar con elas!!!!
REFLEXIÓNS SOBRE A PAZ
Pensamentos de autores de diversas épocas e culturas sobre o valor e o significado da paz.
Esta foi a actividade conxunta de todo o centro para celebrar o día da Paz. Esperamos que vos guste tanto como a nós:
Fai Clic encima das imaxes para ver un resumo de posibles actividades a desenvolver co noso alumnado co motivo do Día Internacional contra a violencia de xénero e aproveitar para revisar o que xa está publicado no Blog de Libruxa sobre este tema.....
Dende a Biblioteca de Libruxa, traballamos na sensibilización dos que mañá serán
homes e mulleres. Temos a obriga de educar nos valores que axuden a
crear os hábitos de respecto necesarios para poñer fin á VIOLENCIA; a
calquera clase de violencia.
LIBRUXA da as grazas ás
bibliotecas do IES Río Cabe, do CEIP de Pazos e CEIP Conde de Fenosa así como a todas as
demais, por facilitar e compartir todo o traballo que fan.
A Secretaría Xeral de Cultura ven de facer público o Calendario do Libro e da Lectura para o ano 2016 no que se lembran algunhas das datas máis relevantes neste ano para este ano.