Páginas

7 feb. 2017

CELEBRAMOS O MES DO AMOR


Comezamos cun pouquiño de saber popular:

"A partir da candeloria, ningunha ave voa soa"


di o refrán, xa que febreiro é o mes no que retornan as aves migratorias e os seus cortexos marcan o inicio do renacer primaveral. Así, deste xeito, en toda a imaxinaría popular europea o símbolo do amor son en moitas ocasións parellas de aves xuntando o seus peteiros.








   Tamén cun pouco de tradición teatral xa que neste mes do amor é imposible non referirnos a dúas obras con grandes personaxes namorados, pero tráxicos. Quizais as dúas historias de amor máis importantes levadas a escea. ¿Sabedes a cales me refiro? A ver con estas pistas...












Si, por suposto, son Don Juan e Doña Inés, da obra Don Juan Tenorio, de José Zorrilla.



 Como non, son Romeo e Julieta, da obra Romeo y Julieta, de William Shakespeare.


     Vendo estas imaxes de títeres, tamén Libruxa se pon un pouco romántica cando chega este mes. Ademáis, véñenlle á cabeza dous libros que recupera dos andeis da biblioteca




     e pensa....

     Bicos, bicos e máis bicos. A quen non lle gusta bicar e que o biquen? os bicos de mamá, de papá, dos avós, dos amigos...pero tamén hai bicos de benvida, de despedida, sonoros, cantarines, bailarines, melosos, bombaaaa..... Pensaramos algunha vez en tantos bicos distintos? Seguro que non, e seguro que se nos ocorren mooooitos máis. Que outros tipos de bicos engadirías ti?

     E para ir entrando en materia, a libruxa gustaríalle que vírades este vídeo que se titula "a viaxe dun bico":












 E vaia si aos nenos e nenas do cole lles gustan os bicos e expuxeron de moitos tipos no noso particular CATÁLOGO DE BICOS



     Para ir rematando este mes do amor, apareceu un día na biblioteca un photocall baixo o título "NAMÓRATE DUN LIBRO". Aqueles que queiran participar só teñen que traer da casa o seu libro preferido, aquel do que sempre se lembran, o que lles gusta ler todas as noites...para poder sacar unha foto neste teatrillo tan especial. 




      Coma sempre, no hall da biblioteca están expostas as lecturas e novidades deste mes recomendadas para o alumnado e titores que ben queiran levalas en préstamo ou para lelas nas sesións da biblio ou nas aulas.