Como vedes, Libruxa xa ten o seu novo recunchiño e estará moi quentiña todo o inverno preto desa chimenea que lle construimos e en compañía do seu gatiño. E como non, tamén está preparando o seu saquiño para que Papá Noel lle deixe algún libro de regalo para ler nas vacacións.
Así de contenta quere amosarvos o que se fixo na biblioteca ao longo do mes de decembro co gallo da celebración do Nadal no cole.
O alumnado, en colaboración coas súas familias, foron os encargados, nesta ocasión, de adornar a biblioteca e o hall con elementos tradicionais destas datas e o resultado foi sorprendente. O esforzo mereceu a pena:
Ademáis de expoñer as suxerencias lectoras para este mes, que se atopan coma sempre no hall, visibles e accesibles a todo aquel que se achega ao noso cole, e que normalmente se len cos nen@s nas sesións que temos na biblioteca ou se levan ás aulas para contaxiarlles o espíritu navideño,

ao longo da semana do 12 ao 16 de decembro preparamos unha actividade baixo o título de "Christmas Storytelling", na que os nenos e nenas do cole participaron nas sesións de contacontos en inglés de divertirdas historias de nadal típicas da tradición anglosaxona, contadas por Ruth, a nosa auxiliar de conversa deste curso no centro que se prestou a axudarnos.
Guía Nadal 2016 by Nazareth on Scribd