Algunhas das alumnas de 6ª, voluntarias da biblioteca, propuxéronlle ao equipo de biblio preparar algún tipo de animación lectora para os nen@s de infantil. Nós, por suposto, encantadas coa súa idea. Seguro que os peques tamén.
Como era tempo de amor, decidimos escoller un dos libros do expositor temático "Lecturas con moito corazón". O elexido foi un conto con dúas historias dentro: "Rosa y Trufo, una historia de amor".
O libro ten como protagonista a unha porquiña, Rosa, e un xabalí, Trufo. Está narrado dende dúas perspectivas, a de Rosa e a de Trufo, dependendo si empezas o libro polo dereito ou polo revés, porque en todas as historias sempre hai dúas versións, e máis aínda cando os amig@s e os pais andan metidos polo medio. O lector elixe que parte quere coñecer primeiro.
A Rosa encántalle estar baixo unha maceira e soñar co amor. Trufo soña coa felicidade. Un día coinciden e fanse "tilín". Pero cando corren emocionados a contarllo aos seus amig@s, a cousa comprícase. Influenciados polos seus consellos, cambian os seus hábitos nun intento de gustarlle máis ao outro. Até que os dous acaban sufrindo.
Trátase dunha historia con moralexa sobre as influencias e as apariencias nas nosas relacións cos demáis. Conseguirán Rosa e Trufo arranxar a súa situación?
Con toda a ilusión e motivación, e nós axudando no que podemos...Como decidimos facer esta animación? Pois xa que estamos co PDI sobre o teatro, a través dunha pequena obriña de títeres de man que fixemos nós mesmos, polo que transformamos a historia nunha peza dramatizada sinxela e divertida. Tamén prepararon un biombo a modo de escenario con tres ventanas ben diferenciadas: unha para a historia de Rosa, outra para a de Trufo e unha central que une as dúas historias. Finalmente, elaboraron o cartel publicitario.
Ademáis, ao longo do mes de febreiro, nas aulas traballouse o tema do amor e a amizade a través das lecturas do expositor temático "Lecturas con Corazón" e elaboráronse algúns murais con mensaxes moi amorosos: