Páginas

20 abr 2019

TEATRO PARA DECEMBRO

    



Como cada ano, non podía faltar o teatro que tanto nos gusta. En colaboración co Concello os nosos nenos e nenas desfrutaron este decembro de tres obras moi especiais, cada unha coa súa temática:  O día 3 de decembro, "Naviland", á que tamén asistiron os pequenos de infantil, 




      Naviland é o lugar onde viven os Reis Magos. Pero....Onde está Naviland? Ninguén o sabe con seguridade, mais todos saben que existe. 

       Mony, a protagonista, é unha nena que o ten todo...pero ela non é feliz, nada lle fai ilusión e por iso este ano decide non escribir a carta aos Reis Magos. Pero de forma máxica, Mony levaranos a través dos seus soños a Naviland coa axuda duns divertidos personaxes; o carteiro real, Carbonilla, dous paxes e o galo Gastón e, por suposto, Melchor, Gaspar e Baltasar...

    Así de ben o pasamos: 








    O día 10 "Bon Appetit", unha mestura de teatro, música, títeres e un texto de enredo con moito xogo de palabras. Esta é a proposta da compañía de teatro dos Ghazafellos. Tres chefs "franceses" intentarán amosar os secretos da cociña galega seguindo o prestixioso libro de receitas escrito por Alvaro Cunqueiro, A Cociña Galega
   Os nenos e nenas quedaron enganchados xa que en todo momento os facían partícipes das desventuras, enredos, malos entendidos e posibles solucións para cada plato. 



    Este é o vídeo de promoción da compañía: 


   E estas algunhas das fotos que sacamos na actuación: 

   
   Ademais,  os nosos nen@s de 5º e 6º de primaria asistiron o 18 de decembro ao espectáculo teatral sobre as fronteiras e persoas refuxiadas titulado "O valo", creado por Pallasos en Rebeldía para o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, xunto coa exposición fotográfica do fotoperiodista Felipe Carnotto protagonizada por rapazas e rapaces que foxen da guerra en Siria coas súas familias... 

   Trátase de impulsar a reflexión sobre as fronteiras e a situación das persoas refuxiadas na busca dun futuro mellor.