Páginas

22 dic 2014

NADAL 2014: Guía de Lecturas

Estas son as recomendacións de LIBRUXA para este Nadal ..... Felices Festas!

Fai clic na cestiña de libros de Libruxa.....

16 nov 2014

CELEBRAMOS O MAGOSTO 2014


O pasado venres 14 de novembro, celebramos todos xuntos a festa do Magosto no colexio. No primeiro vídeo podes ver a nosa exposición de froitos do outono e algúns dos traballos elaborados na área de plástica. O segundo vídeo fai referencia ás actividades levadas a cabo o pasado venres... Desexamos que vos guste.

 EXPOSICIÓN: Froitos do outono

 Celebración do MAGOSTO na escola

1 nov 2014

SAMAÍN 2014

A continuación, invitámosvos a ver dous vídeos da celebración do Samaín ou "Halloween" na que todo o profesorado e alumnado participou con moita creatividade o pasado xoves 30 de outubro.... Aproveitamos tamén para agradecerlles ás familias a súa colaboración na elaboración dalgunha das cabazas super orixinais :)

1.- Vídeo sobre a exposición das nosas cabazas: (Autora: Tamara Suárez)


2.- Vídeo do obradoiro de cociña terrorífica, degustación e festa: (Autora: Tamara Suárez) 

26 oct 2014

24 de outubro: Día das Bibliotecas e despedida de Libruxa.

Foi un día moi especial na Biblioteca Escolar do noso centro. Libruxa invitounos para explicarnos os motivos polos que quere viaxar ao País das 1001 Bruxas.... Aproveitou para presentarnos unha boa amiga que coñeceu este verán e que se chama coma ela: LIBRUXA.
Nós, un pouco sorprendidos e tristes pola noticia pedímoslle que se quedara connosco ata despois do Samáin. Tamén queremos darlle a benvida á nova Libruxa e propoñerlle ideas para este novo curso...Imos escribirlles cartas!

 
Na seguinte presentación, podes disfrutar volvendo a ler a preciosa carta escrita por Libruxa....

4 oct 2014

MOCHILAS VIAXEIRAS 2014


Un ano máis comeza a viaxe das MOCHILAS VIAXEIRAS que tan boa acollida teñen entre as familias do noso alumnado. Trátase de disfrutar lendo xuntos, buscando ese momento íntimo e tranquilo no que poidamos compartir, soñar, imaxinar.... Cando abrimos un libro, abrimos unha fiestra ao mundo, a moitos mundos, porque grazas a ese libro temos nas nosas mans a ocasión de viaxar, de ver, de coñecer, de aprender, de comprender outras vidas,....

Durante a infancia, a familia é o principal referente en todos os ámbitos polo que debe selo tamén no exercicio da lectura.

Esta "Mochila Viaxeira" é un convite para gozar dos libros en compañía, compartindo con todos vós os sentimentos e as sensacións que vos producen as lecturas que vos propoñemos.
Esperamos a vosa colaboración, convencidos de que co voso esforzo lograremos achegar aos vosos fillos ao mundo da lectura, á mellora da comprensión lectora, o cal incidirá moi positivamente na súa educación.

                     Ánimo, Boas Lecturas e Grazas a todos!

23 jun 2014

VISTALEGRÍN, a nosa revista


Xa está publicada unha nova edición da nosa revista escolar Vistalegrín. Recolle moitos dos traballos feitos ao longo do curso.Bótalle unha ollada e seguro que recoñeces moitos deles.

30 may 2014

SEMANA DAS ARTES PLÁSTICAS DA MARIÑA


O pasado día 20 de maio tivo lugar na Casa da Cultura de Burela a inauguración da exposición que recolle os traballos realizados polo alumnado do Ceip Virxe do Carme, Ceip Plurilingüe Vista Alegre e IES Monte Castelo. 
É unha pequena mostra do proxecto levado a cabo durante este curso por varios centros educativos da comarca da Mariña que pretende achegar as artes plásticas ao alumnado e darlle un espazo dentro do currículo escolar.