Páginas

8 dic 2010

INFORME PISA

Queremos sumarnos ao debate e ás reflexións que debemos facer despois da publicación do informe Pisa. Reproducimos o publicado no blog AS ZOCAS FALADORAS co que coincidimos na totalidade
Reflexións sobre os datos PISA 2009, Bibliotecas Escolares e Ensino.
Onte publicáronse as conclusións das probas PISA do 2009: O alumnado galego mellora os seus resultados en comprensión lectora situándose por encima da media española –cinco puntos por encima da media e sete puntos máis adiante con respecto ao 2006- así mesmo progresa en competencia matemática (materia ata agora impartida en galego).
Estes datos lévannos a reflexionar sobre esta evolución que se relaciona directamente coa lingua e coa lectura; fálase de competencia lectora e ao tempo fálase das materias de lingua e literatura e ninguén menciona o labor levado adiante durante estes anos das Bibliotecas Escolares, ou citar os Clubs de lectura dos nosos centros de ensino, algo terán que ver con esta mellora, non si?
Desde o meu punto de vista é un labor día a día, lectura a lectura, o noso traballo non é estritamente académico e non por iso menos rigoroso, o alumnado acode a nós para ler e nós abrímoslles portas ao lecer mais tamén á información, a comprensión lingüística, a competencia lectora, a alfabetización…
Relacionado con estes datos de PISA está tamén o futuro do ensino: Son a lectura, a busca de información, a síntese e a análise dos textos o eixe central da aprendizaxe, unha aprendizaxe actual acorde cos novos medios de comunicación e as novas tecnoloxías?. Descartaremos por fin o libro de texto como único recurso e levaremos aos nosos alumnos ás biliotecas para consultas miquis, webs educativas, xornais
dixitais, blogs, bibliotecas virtuais?
Mellorarán entón os resultados do informe PISA?

2 dic 2010

FÁBULAS

As nenas e nenos de 4º de Primaria estiveron a traballar as fábulas.
Organizáronse en grupos e buscaron na biblioteca. Cada grupo escolleu unha fábula e este é o traballo que presentaron.
Non está mal, verdade?

3 DE DECEMBRO DIA DA DISCAPACIDADE

As compañeiras do CEIP de PAZOS e do CEIP A DOBLADA regaláronnos este precioso conto para que non esquezamos mirar con máis sensibilidade a aquelas persoas diferentes.

21 nov 2010

MAGOSTO 2010

Click to play this Smilebox slideshow

O pasado venres 12 de novembro celebramos o MAGOSTO no noso colexio.
Podedes ver na presentación o que fixemos... Darlle a "PLAY" e logo"Full Screen"(Pantalla completa) para ver ben as fotos....

18 nov 2010

Os Dereitos dos Nenos e Nenas



A Declaración dos Dereitos do Neno foi aprobada pola ONU en 1959 e dende entón, en todo o mundo, cada 20 de novembro celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA.
Aquí atoparás os 10 dereitos que todas as nenas e nenos teñen.

E AQUÍ accederás a unha excelente recopilación de recursos facilitados pola biblio Milladoiro.

Entra na páxina de Rayuela e aprenderás, xogarás e te divertirás.

11 nov 2010

O LIBRO DA NOSA BIBLIOTECA

A BIBLIOTECA DE LIBRUXA on PhotoPeach
Recomendamos ver o libro coa opción de pantalla completa.

8 nov 2010

CELEBRAMOS O SAMAÍN

O venres 29 de outubro celebramos o SAMAÍN.
Decoramos as cabazas, as aulas e os pasillos e, ademais ¡¡¡pintámonos de monstros!!!.
Xa para rematar tod@s as alumn@s e profesor@s cantamos a canción de MAMÁ CABRA.
¡¡¡QUE BEN O PASAMOS!!!

7 nov 2010

É TEMPO DE MAGOSTO

O próximo venres, día 12 de novembro, celebramos o MAGOSTO e como LIBRUXA sabe que estamos investigando sobre COMER SANO, invitou a VILMA LEIVAS ao cole. Naide mellor que ela para elaborar mermeladas con froitos da súa horta que xa visitaran as nenas e nenos do 2º ciclo.
Faisenos a boca auga só pensando no ricas que van estar.
Ademais teremos outros talleres, xogos e non poden faltar AS CASTAÑAS ASADAS.
En Libruxa atoparás recursos para traballar e saber máis do Magosto.

Interesante documento que servirá como instrumento de reflexión tanto para pais e nais como para fillos e fillas no proceso de adquisición de condutas responsables.