Páginas

8 may 2025

XANEIRO: AS OUTRAS HISTORIAS...

    Mentres ao logo do mes traballamos o conto "O xigante egoísta" nas clases tamén suceden outras cousas moi intereantes. 

   O alumnado de 3º a 6º de Primaria, coa colaboración de GAIA, engalanou coa maxia dos contos os corredores do seu cole: 



   Tamén nas clases de plástica baixaron as temperaturas como no xardín do xigante. Enchéronse de copos de neve!!!
E o alumnado de 4 anos fixo un experimento con pequenos bloques de xeo

 


    Finalmente, o alumnado de 5º e 6º de Primaria participou nos obradoiros "BEN QUERER" e "ESCOLAS SEN ARMARIOS" organizados polo Cim Concello Burela e financiados a través dos fondos Pacto de Estado contra a violencia de xénero.