Páginas

29 may 2025

I SEMANA DA INFANCIA: TITIRETEANDO E "COÑECE O TEU CORPO"

 


    


        O noso Concello celebrou a súa I Semana da Infancia cun programa cheo de actividades e obradoiros, no que estivemos encantados de participar. 

          O luns o alumnado de 1º e 2º de primaria asistimos na Praza de Abastos a un obradoiro de títeres a cargo de Tom Arenas


        Xogamos a ser diferentes personaxes, meternos na pel dos protagonistas dos contos, para finalmente crear uns pequenos títeres cos que despois representamos no patio as nosas obriñas.