Páginas

8 may 2025

DECEMBRO: CELEBRAMOS O NADAL

 


    Así comezamos a engalanar o noso cole preparándonos para a chegada do Nadal: 



Os máis pequeniños de 5 anos foron elaborando diferentes adornos de Nadal cunha masa moi especial:    
Ademáis, como todos os anos, realizamos o intercambio interxeracional coa visita a varias asociacións, o centro de día e ao Centro de maiores do Concello, onde tanto os peques como os maiores recitarán panxoliñas típicas desta época do ano:
      
     Para o Nadal, encargamos que as familias elaboraran un "xoguete roto" (con material de refugallo) para intercambialo no "amigo invisible" que se fixo o día da festa de Nadal. Cada nen@ collería un regalo despois da visita de Papá Noel. 


    

    Seguimos coas representacións teatrais e nesta ocasión o alumnado de 5º de Primaria preparou unha pequena obriña titulada "Rodolfo" que foi representar á Escola Infantil A Galiña Azul, así como aos restantes cursos do cole:

    Os usuarios da Cruz Vermella tamén viñeron ao noso cole cantar unhas panxoliñas cos/coas nenos/as favorecendo a interacción coas persoas maiores e a riqueza que isto supón poder compartir con eles un ratiño do noso tempo.