Comezamos novo curso e tamén novo proxecto, que leva por título "Contos á Vista". Céntrase na recuperación da lectura e escritura creativa a través dos contos tradicionais clásicos.
Como elemento motivador, o primeiro día de cole presentamos a toda a comunidade educativa a intención do noso proxecto e a historia que había detrais a través dun vídeo:
Ao mesmo tempo ao longo de setembro fumos compartindo a carta de libruxa aos peques, os obxectivos do proxecto:
PDI Contos Ao Vista!! (1) by Nazareth
Tamén unha bibliografía que poderían atopar na nosa biblioteca, o itinerario lector dos contos e, finalmente, o pasaporte lector para ir cubrindo ao longo do curso co alumnado, a medida que fósemos cumprindo os diferentes retos:
BIBLIOGRAFÍA Contos Clásicos by Nazareth
Pasaporte Lector Contos by Nazareth
Ao longo do curso, nas aulas fóronse cubrindo os pasaportes lectores cos contos clásicos correspondentes aos retos e así foron quedando:
Tamén se publicou nas nosas redes sociais: