Páginas

7 may 2025

NOVEMBRO: BRANCANEVES E OS SETE ANANIÑOS E O MAGOSTO


    Co mes de novembro, chega o RETO 2 e unha nova asamblea de contos. Este mes tócalle a "Brancaneves e os sete ananiños". 




O alumnado reunido para escoitar o reto de Libruxa para que Brancaneves poida voltar ao seu conto a través do seu espelliño máxico. 


 


      Novembro é o mes da loita contra a violencia de xénero. O reto consiste en rescribir o conto de Brancaneves pero libre de estereotipos machistas e patriarcais.

    - Conto elexido para traballar este mes: Brancaneves e os sete ananiños.

       -  Obxecto máxico: un espello máxico

           - Reto final: respectando-NÓS

v  non ao abuso e maltrato entre as persoas distinguindo o ben do mal nas relacións persoais, así como respectar a imaxe dun mesmo e dos outros tal e como somos a través dunha reinterpretación do conto abordando os conceptos de xénero ou da imaxe da muller na sociedade, escrava dun ideal de beleza imposto pola publicidade ou as redes sociais, fomentando o respecto e a tolerancia onde “a beleza está no interior”.

·          “Espelliño, espelliño máxico, que pasaría se…?” :Crearanse varias ruletas virtuais coa APP Wheel of names con propostas adaptadas aos diferentes niveis sobre que pasaría si… o espelliño caera ao chan e se esnaquizase, si os ananiños non atoparan a Brancaneves no bosque, si Brancaneves tivese un traballo fóra do fogar, si a madrastra non tivese envidia da beleza de Brancaneves, si quen rescata a Brancaneves é unha guardabosques que coida da fraga…A través das suxestións das ruletas reescribiremos o conto nunha versión actualizada con estereotipos respetuosos co xénero, dando renda solta á imaxinación e creatividade artística d@s nen@s.

            Estas foron as rodas propostas tanto para E. Infantil e 1º ciclo , como para 2º e 3º ciclos: 







    



    Deste xeito engalanamos á nosa nova Brancaneves, co seu vestido de contos cheos de igualdade e estereotipos respectuosos. 

 



Tamén elevamos a nosa voz e berramos contra a violencia:







e o alumnado de 6º de Primaria acudiu ao Concello para a lectura do manifesto e desfrutaron dunha pequena obra de teatro da Asociación de Saúde Mental de A Mariña



Tamén tivemos unha charla sobre igualdade con actividades motivacionais de bo trato e respecto:






   En novembro tamén celebramos o magosto con gincana de xogos basados nos contos clásicos, asado de castañas e degustación das mesmas. Para os xogos agrupamos ao alumnado por grupos interniveis. Esta foi unha experiencia que xa fixemos o ano pasado cos Xogos de Reinos e encantoulles a experiencia, polo que repetimos!!!!!