Páginas

8 may 2025

EN FEBREIRO TAMÉN...

pasaron outras moitas cousas que vos imos a contar... 

 O alumnado de 4º participou no festival 🎶MARIÑAENCANTO🎶 organizado pola Fundación Xesús Bal y Gay, acompañados dos seus mestres de música


   Tamén disfrutamos dunha sesión de "padriños e madriñas" que tanto lles gusta. Non hai nada como ver como os maiores len aos máis pequenos e estes escoitan emocionados!!!



    O alumnado de 1º de Primaria participou nun acto conxunto entre os diferentes centros educativos do Concello que se celebrou na Casa da Cultura para conmemorar o Día de Rosalía de Castro. Cantaron algúns dos seus poemas. 


    Dende o cole tamén preparamos un pequeno recitado co alumnado de 5º dun dos seus poemas máis coñecidos "Adiós ríos, adiós fontes". Tamén elaboraron as ilustracións que o poema lles suxería.



    As profes de 3 anos prepararon unha pequena representación na biblio do clásico "Os tres porquiños" para as familias e os pequeniños da Escola Infantil A Galiña Azul: