Para comezar con noso proxecto, como sempre, decoramos as nosas portas ao longo do mes de setembro coa colaboración dos nosos nen@s. Neste caso serán portas que medran partindo dunha paisaxe de conto á que se lle irán engadindo pouco a pouco diferentes obxectos máxicos ou personaxes dos contos traballados ao longo do curso.
Comezamos tamén coa porta da Biblioteca de Libruxa, culpable da festa onde se perderon as diferentes personaxes. Agora hai que atopalas!!! Na porta iranse atrapando novamente os personaxes nos seus contos. Cada mes un reto, cada reto un personaxe volta ao seu conto. Así comeza a porta, baldeira, sen libros, sen personaxes:
O expositor das lecturas do proxecto ven visible para poder collelas e disfrutar da súa lectura:
Libruxa xunto aos diferentes obxectos máxicos que nos axudaran a dar cos personaxes extraviados:
As portas seguiron medrando ao longo do curso como ben podedes ver:
A porta da biblioteca tamén foi medrando e atrapando os personaxes nos seus contos...