Outubro é o mes da biblioteca escolar, o mes escollido para abrir a nosa biblioteca e comezar oficialmente o noso PDI.
Chegou o momento da Asamblea dos Contos. Reunimos aos representantes de cada clase para que Libruxa lles presente o RETO 1, centrado no conto tradicional "Hansel e Gretel", que nos axudará a superar os nosos medos.
- Conto elexido: Hansel e Gretel.
- Obxecto máxico: a casiña de
chocolate
- Reto
final: superar os medos
v Lectura do conto tradicional dese mes, así como de diferentes versións do mesmo, onde presentamos os personaxes, o escenario e a trama para falar sobre os nosos medos e como podemos superalos, os villanos dos contos, os valores e actitudes estereotipadas que presenta e como podemos reinterpretalas.
Así quedaron a final do mes as nosas casiñas de chocolate cos medos dos nosos peques atrapados nas chuches e que nos acompañarán xa ata que remate o proxecto.
O alumnado de 1º de Primaria tamén aportou a súa particular visión do medo de Hansel e Gretel nas clases de artística.
Así quedaron os bosques encantados e terroríficos:
Tamén organizamos a nosa tradicional comida terrorífica que degustariamos despois no tempo de lecer: