Páginas

20 abr 2019

COMEZAMOS NOVOS RETOS: "MIRAMOS POLO NOSO MONTE"

    





                                   

     Comezamos un novo curso, e tamén un novo reto co novo proxecto de centro (PDI), baixo o título de "miramos polo noso monte", que temos previsto continúe o curso que ven co título de "Cara o mar". Deste xeito achegamos ao noso alumnado á natureza da nosa contorna, ás especies animais e vexetais autóctonas de Galicia, ao mesmo tempo que os concienciamos co coidado do medio ambiente e dos diferentes ecosistemas. 

     Libruxa deixavos aquí a nosa organización do proxecto, que pode estar suxeita a cambios de última hora ou actividades novas que vaian xurdindo ao longo do curso: 



       Ademáis de elaborar o PDI, ao longo de setembro e outubro fumos decorando a entrada e os corredores do cole, dos dous edificios para ir metendo ao noso alumnado no ambiente do novo proxecto, así como buscando e comprando fondos para os expositores temáticos relacionados co mesmo.

 




      Preparámonos para o proxecto e para enviar ás familias unha guía con propostas de lectura nunha primeira aproximación ás diferentes fontes bibliográficas que fomos atopando sobre este tema. Algunhas delas xa pasaron a formar parte dos fondos da biblioteca para que todo o alumnado poda acceder a eles en préstamo ou consulta na biblio. A nosa selección sempre ten en conta a idea de "bibliotecas inclusivas" atendendo ás necesidades dos nosos nen@s.

   Por un lado elaborouse unha guía do bosque con libros de consulta para curiosear, investigar e informarnos aprendendo moito máis sobre os nosos montes e os seres que alí habitan:




      Por outro lado, tamén fixemos unha guía do bosque con libros de ficción onde podemos atopar dende contos e historias, lendas, libros de concienciación medioambiental, libros pop-up, cómic, teatro, poesía, libro CD, de realidade virtual...



      Para unha maior comodidade e non mesturar actividades, xa que o proxecto tamén está elaborado en colaboración co equipo de Voz Natura, decidimos crear un novo blog (equipo TIC) onde vamos colgando entradas sobre as diferentes actividades relacionadas directamente co PDI. Aquí vos deixamos o enlace para que lle vaiedes botando unha ollada de vez en cando:

BLOG VOZ NATURA-MIRAMOS POLO NOSO MONTE