Como todos os anos, no cole celebramos o día das Bibliotecas Escolares abrindo a nosa biblioteca oficialmente xa para facer préstamo a todo o alumnado e co horario de sesións por aulas xa establecido.
Despois de facer algunha sesión a principios de outubro para o profesorado novo sobre a distribución dos fondos, a organización da biblio, o sistema de préstamo, por suposto, a primeira visita dos nen@s de 3 anos á biblio do cole onde coñecen a Libruxa, aproveitamos o día das Bibliotecas Escolares para presentar o cartel co lema para o curso 2018-19 e o que lles suxire. Destas suxerencias tamén sacamos posibles ideas para actividades ao longo do curso:
Tamén damos saída, como todos os anos, ás mochilas viaxeiras, xa que o noso alumnado sempre está presuroso a que comencen a rodar.
Presentamos tamén o novo cartel da CDU ilustrada que colocamos na porta da entrada á biblio, para unha mellor localización dos diferentes tipos de fondos:
Libruxa xa enviou aos seus buzóns a primeira carta do curso:
Ademáis do novo cartel, decidimos elaborar unha serie de etiquetas para crear máis espazos temáticos, xa que pensamos que unha serie de fondos estarían máis localizables deste xeito:
Etiquetas Biblioteca (1) by on Scribd
Ao longo desta xornada tamén presentamos ao equipo de voluntarios de 6º nivel, que xa recibiron algunha sesión en setembro de formación de usuarios para poder manexarse como auténticos bibliotecarios.
Estas son as quendas:
Quendas Para Os Voluntarios... by on Scribd
Tamén damos saída, como todos os anos, ás mochilas viaxeiras, xa que o noso alumnado sempre está presuroso a que comencen a rodar.
Do mesmo xeito, demos a coñecer a toda a comunidade educativa o que queríamos conseguir co novo proxecto mediante a presentación do Plan Anual de Lectura, presentando o primeiro dos "ecobanderíns rimados" elaborado polos nen@s de infantil sobre o monte e as abellas, así xa poderiamos empezar a traballar!!!!