O 25 de novembro foi declarado Día Internacional contra a violencia de xénero, unha lacra que non podemos combatir sin a implicación de todos e todas, e, como todos os anos, dende o noso cole, queremos poñer o noso gran de area por unha educación en igualdade.
Para facer visible este día, propuxemos elaborar un vídeo con mensaxes sobre a igualdade e o respecto, que previamente se traballaría na aula a través de diferentes lecturas de contos do expositor temático da biblioteca.
O Concello de Burela tamén nos fixo entrega para todos os nenos e nenas dunhas camisetas e mochilas co lema "Burela en negro"
Algunhas das mesaxes que fomo creando, e que despois do vídeo, colgarían nas portas de cada aula son...
Ese día, 25N, cantamos no patio todos xuntos a canción de Rozalén, "La Puerta Violeta", para dicir ben alto NON Á VIOLENCIA!!!!
Para rematar a actuación, e como estaba preto o Día Internacional das Persoas con Discapacidade (3 de decembro), os nen@s de 1º e 2º quixemos aprender o estribillo da canción de Rozalén en lingua de signos. Tedes que ver o vídeo ata o final!!!