Páginas

20 abr 2019

TEMPO DE NADAL






   Imos entrando no inverno e cambiando o aspecto do noso monte particular. Chega o frío, a choiva e por suposto, o Nadal, tempo de maxia e desexos para os máis pequenos, que esperan a carta de Libruxa con moita ilusión:



    Como sempre, preparamos varias actividades que veñen sendo fixas nos últimos anos: a elaboración do Belén, neste caso con elementos e materiais dos nosos montes: 




                    


 

 Dende a biblioteca, Libruxa preparou unha pequena selección de contos de Nadal para o expositor temático...










  












   e ademáis propuxo a elaboración de dúas árbores de madeira, unha para cada edificio, no que se puidesen colgar adornos do monte con mensaxes de concienciación medioambiental. Así quedaron a finais de decembro:

 


   Mirade como foi quedando a nosa fraga na entrada da biblioteca e nos distintos corredores:






 
  e, por suposto, o noso ecobanderín do mes, adicado á figura do reno-venado, un animal típicamente navideño:





   Outra das actividades fixas para o Nadal no noso cole e a "Christmas Storytelling", que ten moito éxito entre o alumnado e sempre preguntan por ela. Como ben sabedes, faise coa axuda da nosa auxiliar de conversa, Mónica, que se presta voluntaria a contarlles os contos tradicionais, e non tan tradicionais, do Nadal en inglés. Elaboramos un cartel co horario e publicitámolo, coa axuda no profe de inglés e d@s voluntari@s:













































      O equipo de biblioteca tamén elaborou a guía de lecturas para o Nadal:

Guía Nadal 2018 by on Scribd


  Para rematar, deixámosvos o noso vídeo do Festival de Nadal:



  E para aqueles que queiran profundizar máis nas tradicións navideñas doutros países, ben consultando nos fondos da biblio ou na aula TIC, elaboramos esta pequena proposta que nos pode servir para realizala tal cual está ou ampliar segundo vaiamos vendo o que atopan os nosos nen@s: 

Navidad en El Mundo by on Scribd