Páginas

20 abr 2019

NOVEMBRO TAMÉN TEN CIENCIA



   Para conmemorar este mes da ciencia en galego, Libruxa propuxo a algúns niveis do cole preparar algúns experimentos para realizar co noso alumnado, co obxectivo de acercar e aprender ciencia dunha maneira didáctica, sorprendente e divertida. 
   
   Coa axuda d@s profes, buscaron diferentes tipos de experimentos, ingredientes que necesitaban, pasos a seguir para realizar o experimento...
  
    Os nen@s de 1º ciclo decidiron experimentar co mel, xa que nese momento estábamos acabando o noso traballo sobre o monte e a importancia das abellas para o noso ecosistema.

    Pero antes de nada, tivemos unha pequena sorpresa xa que veu ao cole Fé, unha muller de Ferreira do Valadouro experta neste dulce manxar, que nos presentou unha pequena dramatización sobre a vida das abellas coa axuda do alumnado de 3º de primaria:



























    Este é un pequeno resumo do experimento realizado: 

Experimentos Con Miel by on Scribd



 Aproveitamos esta entrada no blog para ir colgando algúnhas fotos dos nosos traballos sobre o PDI expostos nos corredores do noso cole, nesta ocasión xa temos feita a nosa investigación sobre as abellas:

   Os pequen@s do edificio nº 1:

                

 

















Os máis maiores, elaboraron murais máis complexos e tamén unha auténtica colmena!!






  Tamén vos deixamos aquí material sobre as abellas que elaboramos para facilitar a investigación sobre este animal cos libros da biblioteca:


As Abellas by on Scribd


      Os nen@s de 6º aproveitaron a época de outono e experimentaron coas follas: clasificaron, crearon murais artísticos, fixeron cromatografía de follas....