Páginas

24 abr 2019

FESTEXANDO A SEMANA DO LIBRO



 






















     Á volta xa das vacacións, entramos de cheo na celebración do Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor. 

   Todas as clases están xa inmersas na "Ecolimpíada: unha aventura polo monte", pero ademáis, dende a biblioteca, Libruxa estivo moi ocupada preparando unha pequena guía de recomendacións lectoras para estas datas cunha gran variedade de libros para todas as idades e necesidades.

     A Consellería de Educación, Universidade e Formación profesional editou un díptico para conmemorar este día. Nese díptico aparece un poema dun dos referentes da literatura galega actual, a poeta e narradora Marilar Aleixandre, que o cedeu xenerosamente para esta proposta de difusión do Día do Libro. Trátase dun texto que convida a reflexionar sobre a importancia da lectura como medio para cuestionar, aprender, dubidar e nunca conformarse.

Resultado de imagen de DÍPTICO DÍA DO LIBRO 2019Resultado de imagen de DÍPTICO DÍA DO LIBRO 2019


     Pensamos que sería unha boa idea compartir coa nosa comunidade educativa o texto de Marilar Aleixandre polo que aparece na portada da nosa guía: 


   
Día Do Libro by on Scribd