Entrados xa en marzo, chega un mes cargado de actividades para a biblioteca escolar. Parece que se vai xuntando todo...uffff!!!!
Moi relacionado co noso proxecto de centro, polo que nos pareceu moi interesante, o 7 de marzo visitaron aos nen@s de 2º de primaria os Bolechas. A Consellería de Medio Ambiente puxo en marcha unha campaña infantil para fomentar a reciclaxe dos residuos de aparellos eléctricos e lectrónicos. Para axudar nesta importante tarefa, os Bolechas convertéronse nos Electrecos, superheroes da reciclaxe de RAEE.
Serán os encargados de explicar de forma amena e didáctica pautas e coñecementos para o correcto tratamento dos residuos, ao tempo que recrutan novos superheroes no alumnado do cole para formar un gran movemento de eco-heroes da reciclaxe e defensores do coidado do medio ambiente.
Ao día seguinte, o 8 de marzo, celebramos no cole o Día da Muller.
Ademáis do cambio de expositor temático coas propostas lectoras de Libruxa para estes días:
Realizadas as xestións pertinentes, viñeron dúas gardas forestais, Carmen para falarlles aos máis pequenos do cole e que xa coñeciamos na nosa excursión á Fraga Vella no 1º trimestre e que se encarga, entre outras tarefas, do coidado da reserva de venados da zona; a outra gardabosques, Isabel Calveta, que lles falou aos maiores, entre outras cousas a problemática dos incendios e as súas consecuencias.
En marzo, tamén participamos, como todos os anos, no Programa Prensa-Escola que organiza La Voz de Galicia, polo que organizamos un pouco a nosa Semana da Prensa na Escola do 11 ao 15 de marzo.
Aquí vamos deixando algúns enlaces que vos poden interesar:
Pensando nesta semana, pareceunos interesante xa case dende principios de curso facer unha busca de noticias actuais sobre os nosos montes, contaminación, deforestación, accións ambientais saudables, acordos internacionais...un pouco ir botando unha ollada na prensa diaria sobre aquelas novas relacionadas co medio ambiente que poidese servir de base para elaborar nós a noticia sobre un logro medioambiental que nos gustaría ver escrita na prensa algún día.
Este foi o resultado:
Tamén elaboramos para os máis pequenos do cole un imprimible para convertilos en "Pequeperiodistas".
E xa vamos rematando marzo...
Xoves, 21 de marzo, Día da Poesía.
Xa de cheo entrando na primavera, ademáis de cambiar o mural de inverno por outro moitos máis primaveral plasmando follas en negativo, decidimos cambiar as "Follas para Rosalía" e encher a nosa árbore de "Flores de poesía".
Pensamos en que os nen@s xogasen coas palabras e desen renda solta á súa creatividade. A proposta da biblio para a semana da poesía foi elexir algún poema ou autor dos libros do expositor temático e nas sesións na biblio levar a cabo unha serie de talleres de escritura creativa onde creasen novos poemas elexindo diferentes estratexias poéticas: pareados orixinais, acrósticos, caligramas, continuar algún poema coñecido, coller diferentes versos do mesmo autor e crear un poema novo sen cambiar ningunha palabra deses versos, simplemente mesturándoos buscando rimas novas, coller palabras de versos coñecidos que rimen e crear un novo poema....
Para esta actividade, as propostas de Libruxa foron as seguintes:
As nosas árbores poéticas foron quedando así: