Páginas

22 abr 2019

MICRORREDE: "A POESÍA QUE SENTIMOS"

                                   



    Un ano máis estamos ás voltas coa actividade conxunta para a exposición da Microrrede PLAMBE A Mariña, que aproveitamos tamén para conmemorar o Día das Letras Galegas o 17 de maio na cal contamos como sempre coa colaboración familiar, xa que é unha proposta para realizar na casa en familia. 

     Como xa sabedes, o lema das Bibliotecas Escolares para este curso vai de Poesía: "Poéticas diversas na Biblioteca Escolar". A poesía pero nun sentido amplo, non só poesía literaria, senón que tamén atopamos poesía noutros lugares, situacións, produtos culturaris...na mesma vida. 
          
         Nas primeiras reunións que tivemos as coordinadoras das bibliotecas dos diferentes centros acordamos seguir esta proposta baixo o título de "A poesía que sentimos".  Intentaremos propor traballos nos que a poesía reflicta o que chega a nós do mundo que nos rodea a través dos diferentes sentidos: sensacións, intuicións, lugares, cheiros, colores, sons, música, sabores....

            A proposta do equipo de biblioteca é a de unificar o lema das Bibliotecas Escolares co tema central do noso proxecto de centro para este curso, "Miremos polo noso monte". Así, o título que nos suxeriu esta mesturanza foi: 

                                                       "A Poética da Natureza"

    O monte, coa súa infinita variedade de formas e cores e a fascinante riqueza da súa vida, proporciona á poesía unha fonte inagotable de estímulos e inspiración que nos entra a través dos sentidos. Convidámosvos a crear con nós un pequeno "bosque dos sentidos" onde poidamos "ver" e "sentir" a natureza poetizada. 

     Con esta idea, enviaremos esta semana despois das vacacións de Semana Santa a carta ás familias coa nosa proposta, así como as plantillas con diferentes árbores para que cada un elixa a súa e elabore, usando toda a súa imaxinación e creatividade, un fermoso traballo artístico-literario. 

   
Carta Ás Familias by on Scribd


     Nós, pola nosa parte, no cole estamos a realizar a actividade proposta para a  inauguración da exposición o 4 de xuño: unha gravación con recitado dalgún poema en lingua galega por parte do alumnado do cole. Non escollimos ningún poema ou poeta coñecid@, senón que nos decantamos por un poema creado por nós fai dous anos e que lle adicamos a Rosalía de Castro no seu día: "A Nosa Rosalía"

    Aquí vos queda para recordalo: 

Correversos Rosalía by on Scribd

     Ademáis da gravación recitada dos poemas de todos os coles, que montará Iván, o profe de música do CEIP Fondo Nois, dende a Microrrede elaborouse unha plantilla para escribir alí os poemas e repartir varias copias por diferentes locais de Viveiro, así todos os clientes poderán ser partícipes do traballo dos nen@s dos coles da zona ao mesmo tempo que levan un pouquiño de lectura poética para as súas casas.


      Así quedaría o noso poema para repartir:


 
Poema Rosalía by on Scribd


     Coñecemos a vosa creatividade e orixinalidade e valoramos moito a vosa participación, polo quedamos á espera das vosas aportacións artístico-poéticas para a exposición do cole.