Páginas

24 mar 2020

NOVO PROXECTO: MIRAMOS POLO NOSO MAR

 












  Rematado o proxecto anterior "miramos polo noso monte", comezamos un novo curso e tamén comezamos un novo reto: "Mar da Mariña: de todos e para todos", conxuntamente con Voz Natura e os demáis equipos do noso cole.  Deste xeito, ao longo de dous cursos achegamos ao noso alumnado aos coñecemento e coidado dos dous elementos naturais máis importantes da nosa contorna: o monte e o mar. 
     

     O obxectivo de ambos proxectos é coñecer a diversidade de ecosistemas e especies da zona onde vivimos, así como sensibilizar da importancia da conservación da nosa biodiversidade, polo que imos ir programando un itinerario de actividades ao longo do curso, ademáis das xa fixas na nosa biblioteca, que terán como eixo central o seu entorno máis cercano, involucrándose en accións ambientais e identificando a súa biodiversidade o os periogos e problemáticas ás que esta se enfronta. Para iso a biblioteca de Libruxa será un xerador de propostas, así como un recursos bibliográfico fundamental para realizar diferentes investigacións. 


    Libruxa deixavos aquí unha organización inicial do proxecto, que pode estar suxeita a cambios de ultima hora ou actividades novas ao longo do curso e que tamén foi entregado ao resto de profesorado para ir entrando en materia en forma de libriño.  
    
 
MardaMariña by Nazareth on Scribd


      Ademáis de ir dándolle forma ao PDI, ao longo de setembro e outubro fumos decorando a entrada e os corredores dos dous edificios para ir metendo ao noso alumnado no ambiente do novo proxecto e ir creando novas expectativas e curiosidade.
      
      O primeiro que fixemos foi traer unha pequena barca real con redes e nasas que nos cedeu o concello e convertímolo nun expositor dos libros de consulta sobre o mar...







   






















 
 Despois, como xa fixéramos no anterior proxecto, decoramos as escaleiras con títulos de libros relacionados coa temática marina e creamos un banco de peixes que nos conduce ata as aulas que foron recortando os nen@s , xa que tamén queremos facer partícipes aos mesmos da decoración dos halls.  @s nen@s de infantil e 1º ciclo crearon tamén un gran pulpo para darnos a benvida todas as mañáns antes de subir ás clases.  






  O seguinte paso foi facer do noso teito un mar de ondas e aproveitar unha columna que temos na entrada e diseñar a maneira de convertila no faro de Burela: 












   Pouco a pouco @s nen@s van quedando asombrados de como vai quedando e, ao mesmo tempo, tamén é algo feito por eles. 
     
    O equipo de biblioteca tamén decidiu cambiar a porta de entrada á biblio na que Libruxa estaba nun pequeno bosque columpiándose, por unha Libruxa máis moderna e activa, convertida nunha gran buceadora en busca dos misterios do do fondo do mar: 




   Ademáis a medida que se foron mercando fondos bibliográficos decidimos ampliar os expositores para libros de consulta e de ficción relacionados co proxecto: 




  Tamén se construiron dous grandes barcos de cartón, un deles para a sección de novidades: "novidades que trae o mar" e o outro para facer un mural  con redes que sirva para expoñer diferentes actividades que se vaian propoñendo




    

   Para unha maior comodidade á hora de organizar as propostas, seguiremos colgando as actividades relacionadas directamente co PDI, sobre todo aqueles pequenos proxectos de aula, saídas e excursións...no blog de Voz Natura que creamos o curso pasado para o proxecto do monte. Cambiamos o título: 

    BLOG VOZ NATURA- MIRAMOS POLO NOSO MAR