Páginas

25 mar 2020

MARZO: PRENSA, ROSALÍA E A POESÍA

  



   Este mes de marzo está repleto de actividades para ir organizando dende a biblioteca. Como vimos facendo ultimamente, imos repartindo as propostas por niveis de xeito que non sempre todos fagan o mesmo todos os anos. Deste xeito, este curso será o alumnado de 3º e 4º o que realice a proposta de Libruxa para a Semana da Prensa na escola, aínda que todas as titorías terán acceso a un número maior de periódicos estes días para traballar nas súas aulas.

   Dende a biblio proponse ao alumnado que despois de familiarizarse coas noticias estes días, escriban el@s mem@s unha sobre algo que sucedeu ou estea a suceder na súa localidade relacionada co medioambiente e o mar para despois recollelas na revista do cole. Esta actividade estábase comezando cando sucedeu a suspensión das clases, polo que quedou inconclusa. 





   Por outro lado, os nen@s de Infantil e 1º e 2º de Primaria adicarán estes días a completar a proposta sobre Rosalía e o Día da Poesía

   Para  presentar estas actividades, como sempre, Libruxa escribe unha carta: 


     
    
      Para conmemorar o Día da Poesía solemos propoñer unha actividade conxunta que relacione a poesía, Rosalía e a temática do noso PDI. Neste caso, Rosalía non ten moitos poemas marítimos ou sobre o mar, por iso decidimos partir dunha ilustración de Miguelanxo Prado titulada "Rosalía e o mar", que os pequeniñ@s de 3 anos de infantil recrearán en formato plástico, mentras que o resto do alumnado de infantil e 1º ciclo, realizarán acrósticos co nome de ROSALÍA e rimas con palabras do mar para ir colocándolle a forma de marco que encuadre o debuxo:


    Para facer o acróstico Libruxa preparou unha plantilla descargable onde tamén podedes facer un pequeno debuxo do voso poema: 



     Libruxa agarda as vosas produccións!!! Ánimo!!!!
 
     Como nos pillou na casa polo confinamento, foi unha actividade que finalmente se propuxo soamente aos nen@s de 2º de E.P., xa que os peques de infantil xa tiñan empezada a súa obra artística: 


   @s pequeniñ@s xa comezaron a súa interpretación desta pintura...Cal será o resultado?
Así empezaran o cadro de Miguelanxo Prado, que quedou no cole a medio facer xa que os peques non volveron ás aulas. Quizais poidamos retomalo o vindeiro curso para outra proposta:






   Para conmemorar o MES DA POESÍA, preparouse un pequena guía lectora con libros e unhas poucas lecturas de poemas de Mar Benegas:

  Mar Benegas by Nazareth on Scribd


 
     Tamén vos deixamos aquí uns poucos poemas de Antonio García Teijeiro que se están a publicar durante o confinamento no diario Faro de Vigo:




       xunto cunha selección de poemas de Fran Alonso, do seu libro O meu gato é un poeta:






   De feito, ocorreusenos propoñerlles aos peques durante o confinamento que xogasen un pouquiño coa poesía:
       -Verás como te diviertes con los versos de Gloria Fuertes! reconstruíndo un dos seus poemas, cada un dando a súa versión e sempre respetando a rima, "Supermercado en Animalandia".
       - Apetécevos xogar un pouquiño con este gato poeta?: descubrindo novos poemas empregando a mesma estructura, creando un "menú rimado" que lle poida gustar ao gato...



   Pouco a pouco nos foron chegando aportacións d@s nen@s  as súas familias: