Páginas

24 mar 2020

25 DE NOVEMBRO, POLA IGUALDADE E A NON VIOLENCIA



    Como todos os anos, o 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a violencia de xénero, e nós dende do cole queremos incidir na idea de educación en igualdade

     Para conmemorar este día, cambiamos o noso expositor temático e propuxemos lecturas en igualdade, moitas das cales aparecen na guía que se entregou aos nen@s:


      Ademáis Libruxa deixou nos buzóns unha nova carta coa proposta de actividade para ese día: 


     
    Como vedes, a actividade que propuxemos dende a biblioteca é ben sinxela: "Mensaxes no fondo do mar". Os nen@s terían que escribir unha mensaxe de non violencia e igualdade de xénero e metelas nun cofre debaixo do noso mar. Á volta do recreo cada nen@ collería unha mensaxe dese cofre e leríanse todos nas aulas, falando e debatindo sobre o tema. 
   Previo a esta actividade proponse ao longo da semana anterior a visualización de catro cortos que nos pareceron interesantes e moi adecuados para traballar este tema cos máis pequenos e non tan pequenos:

Superlola

Lalo, el príncipe rosa

Purl

La muñeca que quería conducir
     Despois de visualizar e reflexionar sobre as distintas situacións que se presentan nestas curtas, o luns 25 xa estamos preparados para crear as nosas mensaxes e metelas no cofre do fondo do mar:



   Algunhas desas mensaxes quedarán expostas no barco da diversidade que hai no pasillo de 1º ciclo: