Páginas

25 mar 2020

EXPOMAR. O CONGRESO INFANTIL E A VISITA DOS VELLOS MARIÑEIROS


   Moi relacionado co noso proxecto, os días 12 e 13 de decembro celebrarase en Burela o I Congreso Infantil "Conservamos o noso mar", organizado pola Fundación Expomar. Por este motivo, puxémonos en contacto co Concello e coa Fundación para que coñecesen o noso proxecto e as pequenas accións que ata o de agora levávamos feitas. 

     Unha desas accións fóra da aula foi apadriñar unha praia e organizar a súa limpeza, para despois no cole clasificar e reciclar ese material de refugallo creando unha pequena escultura. Deste xeito, e aproveitando que o alumnado de 1º ciclo tiña unha visita ao porto, fumos cos nen@s e as monitoras de GAIA  limpar a praia do Perdouro:



      Unha vez que os nen@s clasificaron e limparon a basura que recollimos na praia, membros da Fundación propuxéronnos facer algo orixinal con ela e presentalo no congreso. Así o alumnado de infantil e 1º ciclo puxémonos mans á obra e así nos quedou a nosa "balsa do lixo", cuxa historia presentaron uns días despois os nosos nen@s de 1º ciclo no Congreso Expomar:





      
   Aquí vos deixo tamén o vídeo do making off da escultura que viñeron grabar ao cole, xunto co traballo dos outros coles do Concello que tamén participaron





   Así como as noticias que sairon na prensa relacionadas con esta actividade:



















   Aquí vos deixo tamén un enlace a unha selección de fotos do devantido Congreso Infantil:





     E aquí están @s representantes do noso cole. @s nen@s de infantil recitaron a poesía de Antonio García Teijeiro, "O mar anda murcho, e teme dicir....", do seu poemario "Poemar o mar" e o alumnado de primeiro e segundo contou a historia que crearon sobre "A balsa do lixo". 


   

     
            Ademáis, como parte da colaboración coa Fundación Expomar, uns días antes visitaron o cole unha representación de mariñeiros xubilados de Burela que lles contaron aos nen@s as súas experiencias no mar, as diferentes artes de pesca tradicionais, como era na súa época o oficio de mariñeiro, a arte de facer os nudos, e moitas outras cousas que lles encantaron: 





 Tamén se proxectou este vídeo no Congreso Infantil sobre as charlas dos mariñeiros da Moncloa nos diferentes centros educativos de Burela. Moitas grazas pola vosa visita e as vosas experiencias:


(preme na imaxe)