Para estes momentos de cruda realidade, non veñen mal propostas cheas de fantasía e creatividade.
Os parques, as rúas, as escolas, a biblioteca....quedaron vacíos sen nen@s. Levan xa moitos días encerrados nas súas casas, polo que Libruxa segue a recompilar algúns recursos da web co fin de poñérvolo máis fácil e ter actividades variadas para combatir esta "crise do aburrimento" con actividades estimulantes e creativas, a través de contos/audiocontos, cortos con valores, xogos, escritura creativa, viaxes virtuais....
Deixar volar a nosa imaxinación a través de diferentes propostas para escoitar ou, si o preferides, para crear.
(preme na imaxe)
- El Monstruo de Colores. As redes comparten este conto adaptado explicando que é o coronavirus aos máis pequenos co seu habitual xogo de cores asociado ás emocións. A través deste audioconto, tamén podemos animar aos nosos nen@s a expresar os seus sentimentos e emocións nestes días de encerro.
- Mr. Wonderful: Misión Coronavirus. A través destas características ilustracións creouse un conto para explicar esta situación tan extraordinaria. Invita aos nen2ranformarse en axentes que derán a enfermidade recordándolles o que hai que facer.
- Mariposseando con Nika. Cuentos abiertos para que los termines: Nika conta contos abertos coa súa voz, pero nunca os remata porque sempre se lle ocorren varios finales para cada historia. Vós tedes que decidir cal é o que máis vos gusta, ou incluso podedes coller lápiz e papel e inventar un final diferente aos de Nika ou propoñer unha ilustración para a historia que máis vos gustara.
(preme na imaxe)
- ¿Cómo meter una ballena en una maleta? versión adaptada en youtube desta fermosa historia de Raúl Guridi.
- Bookcase con contos e poesía para diferentes idades, algúns dos cales podedes non só ler, se non tamén escoitar. Tamén se pode escanear o código QR e accedeer ao bookcase dende o móvil ou tablets:
- Xogos e trucos para inventar contos xuntos. Trátase dunha web que nos propón diferentes trucos para divertirnos inventando historias c@s nos@s peques. Todas os xogos están inspirados no xenial Gianni Rodari e no seu libro Gramática da Fantasía: "Ideas para inventar contos" e "xogar cos contos" . Só se necesita imaxinación e creatividade. Animo!!!
(preme na imaxe)
- SRTACIENCIA é un portal educativo que pretende acercar a ciencia aos máis pequenos e que ten como obxectivo desenvolver actividades baseadas na curiosidade innata dos nen@ polo mundo no que viven. Podemos explorar, ler, descubrir e visitar os museos de ciencia de distintos lugares do mundo:
- 10 canales de youtube para que los niños sigan aprendiendo en casa:
- Libruxa segue a propoñernos diferentes viaxes virtuais ao redor do mundo. Empezaron con 6, agora xa van por 13 lugares maravillosos:
- VIAJANDO POR EL MUNDO. CULTURA Y MÚSICA DEL MUNDO: Medrando coa música clásica: Allegro Mágico crea podcast que invita aos peques a descubrir o apasionante que pode ser a música, e o diferentes que somos como seres humanos que habitamos distintos lugares no mundo. A música é capaz de conectarnos e tamén facernos viaxar a outros lugares.