Páginas

27 mar 2020

E APARECEU COVID-19






    E apareceu un virus que non esperabamos nin para o que estabamos preparados, e púxonos a todos en cuarentena, un pouco nerviosos e tamén expectantes polo que vai pasar...
   As aulas vacías, os pasillos moooooi silenciosos e as actividades que foron quedando ahí, unhas a medio facer, outras rematadas pero sen poder presentalas... 
    Libruxa tamén permanece en confinamento na biblioteca, coidando dos libros e tamén buscando algún recurso para entretervos estas semanas que non podemos ir ao cole.



 -  A editorial de literatura infantil e xuvenil Kalandraka, dende a súa sección KALANDRAKA TV, está a publicar "Contos Contados" na que aparecen breves sesións de contacontos moi interesantes de historias por tod@s coñecidas para pasar uns bos momentos.
                 

(preme na imaxe)

-           Este é un moi bo conto leído polo creador de Cuentoterapia para entender que debemos aceptar o que a vida nos trae e non podemos conseguir todo o que queremos. As situacións difíciles da vida non se poden evitar, pero podemos superalas e sacarlles algo positivo :                                  

                        (Preme na imaxe)


     -     YOGIC é un canal de youtube de yoga para nen@s onde a través da imaxinación, os contos e as cancións se comparte a práctica do yoga xogando. Unha fermosa maneira para que os nen@s e os papás/mamás disfruten e compartan momentos en familia cheos de meditación e relax.



                                                                (preme na imaxe)  


  -   "Lugares imaginarios creados por los libros " propónnos unha viaxe polos mundo inventados da literatura. Seguro que coñecedes moitos!!! Imos a practicar turismo de fantasía a través dos libros? 


(preme na imaxe)

   Recorda agora Libruxa o libro "Atlas de los lugares que no existen", un atlas atípico cheo de lugares imaxinarios repletos de formas máxicas, entre a realidade e a ficción. Estes son algúns dos lugares que nos propón o libro: 





                                                       
       Trátase dunha viaxe pola imaxinación, un desafío para entrar no xogo de crear novos mundos; un libro aberto para ser completado na mente do lector, que invita a non deixar de viaxar, a disfrutar coa imaxinación e a pensar...Cal é o teu lugar imaxinario?

         

     -     SETERRA. XOGOS DE XEOGRAFÍA. Axudarache a aprender e poñer en práctica os teus coñecementos en xeografía. Si che gustan os mapas e coñecer onde se atopan diferentes lugares do mundo, con Seterra volveraste un experto. Empeza a xogar!!!
  

(preme na imaxe)

   - Para os que son un pouquiño máis maiores, temos a opción de viaxar sen saír da casa: "Visitas virtuais a lugares históricos". Si che gusta a historia e che encanta viaxar, aquí tes viaxes virtuais a diferentes lugares facendo un percorrido polas distintas etapas históricas, dende a Prehistoria ata a Idade Contemporánea.   

         

(preme na imaxe)


 -    Divírtete coa ciencia: Científico Sabio. Trátase dun xogo con preguntas de ciencia, técnica, lóxica, humanidades...creado polo CSIC, para despertar a curiosidade científica en tres niveis de dificultade. Pósdese xogar de maneira individual ou colectiva. 
   Preme na imaxe e comeza a xogar.