Páginas

25 mar 2020

8M: TEMPO DE MULLERES, MULLERES NO TEMPO



    Cada vez están cobrando maior protagonismo na nosa sociedade os dereitos das mulleres e a igualdade de xénero, algo que hai que inculcalle aos nos@s nen@s dende ben pequenos, dende as familias e dende o cole. 

       O lema deste ano para o Día Internacional da Muller elexido pola ONU: "Somos a Xeración da Igualdade". 


  (preme na imaxe)

       Ademáis do acceso ás diferentes lecturas sobre o tema que podemos atopar na biblio e que estarán expostas no expositor temático estes días, no cole temos preparadas dúas actividades ao longo destas primeiras semanas de marzo para concienciar ao noso alumnado da importancia de educación en igualdade:

- A primeira delas trátase dunha actividade de investigación para facer nas aulas/biblio sobre "mulleres no tempo" salientando a figura de moitas mulleres, olvidadas pola historia presente e pasada, que destacaron nalgún campo. Así foise entregando a cada titoría o nome dunha muller sobre a que terían que ir investigando e preparando unha breve exposición oral ao mesmo tempo que facer un retrato dela empregando os materiais que nós queiramos. 
   O día 10 de marzo será a posta en común de todos os traballos, tanto de investigación como plásticos, na aula de usos múltiples e así iremos coñecendo diferentes mulleres que na súa época tiveron un papel relevante, pero moitas veces olvidado. 



    Ainda que a carta poñía o 10 de marzo, por motivos de axenda, xa que coincidía coa visita da bióloga mariña, tivemos que postpoñer a actividade para finais da semana. Nestes momentos a situación da pandemia do COVID-19 xa comezaba a ser convulsa e para o día previsto suspendéronse as clases, polo que o remate final da actividade coa presentación conxunta quedou tamén suspendida. Estes son algúns dos traballos plásticos que se fixeron:











 - Para a outra actividade programada, contamos coa estimable colaboración da ANPA do noso cole, En tempo de mulleres, que mellor que unha charla relacionada co PDI a mans dunha bióloga mariña. Dende a ANPA puxéronse en contacto con Ana de Lara, especializada en biodiversidade e conservación marina, que forma parte do equipo de Maremasma, do concello de Foz. 
   Programamos dous días: o martes 10 de marzo un "taller dos sentidos" para os pequeniños de infantil e 1º de Primaria, e o xoves 12, unha charla sobre "Que esconde o mar Cantábrico?"