Páginas

24 mar 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES













    Este día abrimos a biblioteca oficialmente para este curso, xa con todo máis ou menos organizado. Sempre facemos ao longo de outubro unhas sesións para que o profesorado novo coñeza o funcionamento da mesma, a súa organización, o servizo de préstamo...Ademáis vamos formando aos voluntarios para que xa dende este día vaian vindo en quendas nos recreos a facer o seu "traballiño" de axudantes de Libruxa. 



Tamén temos a primeira visita dos nen@s de 3 anos á biblio para que coñezan a Libruxa. 

    Quixemos tamén esta semana facer unha presentación sobre a "biblioteca inclusiva" para os nosos compañeir@s para que saiban o que é, que intentamos ir cambiando da nosa biblio e como podemos ir adaptando fondos e espazos para facela máis accesible a todo o alumnado, así como para informalos do material que poderíamos ir mercando co presuposto que nos enviaran: 


   Aproveitamos para presentar o cartel co lema para este curso 2019-20 e falar sobre o que lles suxire. Como somos bastantes cursos non podemos facelo só nun día, polo que aproveitamos a semana para baixar na nosa hora de biblioteca e poder facelo. Este será tamén o lema do que partamos para a exposición da Microrrede PLAMBE de Bibliotecas Escolares da Mariña. Pronto comezaremos as reunións. 

  
    Nesas horas que temos reservadas á biblioteca tamén se lles entregou aos titores unha guía con propostas de lectura do que sería unha primeira aproximación bibliográfica ao proxecto para que de maneira oficial tamén podan presentar o proxecto a todo o alumnado do centro. A nosa selección sempre ten en conta o concepto de "biblioteca inclusiva" atendendo ás necesidades dos nosos nen@s. 
    Nesta guía aparece por un lado bibliografía de consulta para curioserar, investigar e informarnos e por outro lado, libros de ficción onde podemos atopar dende contos, cómics, poesía, libros CD, de realidade virtual...


Libros Do Mar by Nazareth on Scribd

    
   Ao longo desta xornada tamén se presentou o equipo de voluntarios e lles entregamos as quendas que estarán á vista tanto na porta da biblio como no corcho do seu edificio. No funcionamento das quendas o único que cambiarían sería a supervisión d@s profes, que irían rotando por trimestres dependendo das nosas gardas de recreo: 


   Tamén demos saída ás mochilas viaxeiras que, ao longo da semana, cada titor se encargou de ir collendo da veira de Libruxa e que previamente, como todos os anos, o equipo de biblio se encargou de revisar, cambiar algún libro, engadir suxerencias....



  Do mesmo xeito, demos a coñecer á comunidade educativa as primeiras actividades do novo proxecto, polo que xa estamos en marcha!!! Para isto, Libruxa envía a súa primeira carta aos buzóns. 





  A primeira delas, sería a lectura de dous poemas que nos servirán de inspiración  e que estarán presentes no mural da entrada todo o curso: un deles popular; o outro sacado do coñecidísimo libro de Antonio García Teijeiro, Poemar o mar.



  A outra actividade, que iremos facendo cos nen@s nas clases de plástica será decorar as nosas portas cun animal mariño, real ou imaxinario. Pero non quedará ahí a cousa, xa que cada clase terá que facer unha investigación ao longo do curso sobre ese animal e crear un vídeo coas súas aprendizaxes e un código QR que estará nas nosas portas durante o terceiro trimestre para que os todo o alumnado cos seus mestres poda ir visitándoo. Ahí o deixamos á imaxinación e creatividade de cada titoría. Deste xeito, a primeiro e segundo trimestres adicaríamolo a coñecer a biodiversidade mariña. 
   Así foron quedando as nosas portas: