Páginas

29 mar 2020

FANTASÍA PARA A REALIDADE


 
   Para estes momentos de cruda realidade, non veñen mal propostas cheas de fantasía e creatividade.
   Os parques, as rúas, as escolas, a biblioteca....quedaron vacíos sen nen@s. Levan xa moitos días encerrados nas súas casas, polo que Libruxa segue a recompilar algúns recursos da web co fin de poñérvolo máis fácil e ter actividades variadas para combatir esta "crise do aburrimento" con actividades estimulantes e creativas, a través de contos/audiocontos, cortos con valores, xogos, escritura creativa, viaxes virtuais....  
   Deixar volar a nosa imaxinación a través de diferentes propostas para escoitar ou, si o preferides, para crear.

 - 17 cortos geniales con valores:



(preme na imaxe)

   - El Monstruo de Colores. As redes comparten este conto adaptado explicando que é o coronavirus aos máis pequenos co seu habitual xogo de cores asociado ás emocións. A través deste audioconto, tamén podemos animar aos nosos nen@s a expresar os seus sentimentos e emocións nestes días de encerro.  



   -  Mr. Wonderful: Misión Coronavirus. A través destas características ilustracións creouse un conto para explicar esta situación tan extraordinaria. Invita aos nen2ranformarse en axentes que derán a enfermidade recordándolles o que hai que facer.

  


   -   Mariposseando con Nika. Cuentos abiertos para que los termines: Nika conta contos abertos coa súa voz, pero nunca os remata porque sempre se lle ocorren varios finales para cada historia. Vós tedes que decidir cal é o que máis vos gusta, ou incluso podedes coller lápiz e papel e inventar un final diferente aos de Nika ou propoñer unha ilustración para a historia que máis vos gustara.


(preme na imaxe)

   -  ¿Cómo meter una ballena en una maleta? versión adaptada en youtube desta fermosa historia de Raúl Guridi. 


   -   Bookcase con contos e poesía para diferentes idades, algúns dos cales podedes non só ler, se non tamén escoitar. Tamén se pode escanear o código QR e accedeer ao bookcase dende o móvil ou tablets: 



   











    -   Xogos e trucos para inventar contos xuntos.  Trátase dunha web que nos propón diferentes trucos para divertirnos inventando historias c@s nos@s peques. Todas os xogos están inspirados no xenial Gianni Rodari e no seu libro Gramática da Fantasía: "Ideas para inventar contos" e "xogar cos contos" . Só se necesita imaxinación e creatividade. Animo!!!

(preme na imaxe)

  -   SRTACIENCIA é un portal educativo que pretende acercar a ciencia aos máis pequenos e que ten como obxectivo desenvolver actividades baseadas na curiosidade innata dos nen@ polo mundo no que viven. Podemos explorar, ler, descubrir e visitar os museos de ciencia de distintos lugares do mundo:  

  -   10 canales de youtube para que los niños sigan aprendiendo en casa: 


  -  Libruxa segue a propoñernos diferentes viaxes virtuais ao redor do mundo. Empezaron con 6, agora xa van por 13 lugares maravillosos: 


  -  VIAJANDO POR EL MUNDO. CULTURA Y MÚSICA DEL MUNDO:  Medrando coa música clásica: Allegro Mágico crea podcast que invita aos peques a descubrir o apasionante que pode ser a música, e o diferentes que somos como seres humanos que habitamos distintos lugares no mundo. A música é capaz de conectarnos e tamén facernos viaxar a outros lugares. 

     

    

27 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DO TEATRO




  O día 27 celébrase o Día Mundial do Teatro. Durante este día, celebraríanse en todo o mundo, nas escolas tamén, actos e eventos relacionados co mundo da escena...pero seguimos confinados nas nosas casas, polo que Libruxa buscou unha proposta de TEATRO EN FAMILIA: "Rubicundo" de Teatro Ghazafelhos.  




    Trátase dunha adaptación do conto homónimo da escritora María Canosa onde tres personaxes interactúan con obxectos e marionetas; pero tamén cantan e bailan. 

       Conta a historia dunha nena moi curiosa, chamada Erea, que ve como todas as noites Rubicundo, un misteriosos personaxe que leva posto sempre un gabán e un sombreiro de copa, sae na súa bici. Ninguén se fixa nel, excepto Erea, que está disposta a chegar ata o final deste misterio. 


      Libruxa déixavos aquí esta entretida peza teatral para desfrutala toda a familia: 


 

27 mar 2020

E APARECEU COVID-19






    E apareceu un virus que non esperabamos nin para o que estabamos preparados, e púxonos a todos en cuarentena, un pouco nerviosos e tamén expectantes polo que vai pasar...
   As aulas vacías, os pasillos moooooi silenciosos e as actividades que foron quedando ahí, unhas a medio facer, outras rematadas pero sen poder presentalas... 
    Libruxa tamén permanece en confinamento na biblioteca, coidando dos libros e tamén buscando algún recurso para entretervos estas semanas que non podemos ir ao cole.



 -  A editorial de literatura infantil e xuvenil Kalandraka, dende a súa sección KALANDRAKA TV, está a publicar "Contos Contados" na que aparecen breves sesións de contacontos moi interesantes de historias por tod@s coñecidas para pasar uns bos momentos.
                 

(preme na imaxe)

-           Este é un moi bo conto leído polo creador de Cuentoterapia para entender que debemos aceptar o que a vida nos trae e non podemos conseguir todo o que queremos. As situacións difíciles da vida non se poden evitar, pero podemos superalas e sacarlles algo positivo :                                  

                        (Preme na imaxe)


     -     YOGIC é un canal de youtube de yoga para nen@s onde a través da imaxinación, os contos e as cancións se comparte a práctica do yoga xogando. Unha fermosa maneira para que os nen@s e os papás/mamás disfruten e compartan momentos en familia cheos de meditación e relax.



                                                                (preme na imaxe)  


  -   "Lugares imaginarios creados por los libros " propónnos unha viaxe polos mundo inventados da literatura. Seguro que coñecedes moitos!!! Imos a practicar turismo de fantasía a través dos libros? 


(preme na imaxe)

   Recorda agora Libruxa o libro "Atlas de los lugares que no existen", un atlas atípico cheo de lugares imaxinarios repletos de formas máxicas, entre a realidade e a ficción. Estes son algúns dos lugares que nos propón o libro: 





                                                       
       Trátase dunha viaxe pola imaxinación, un desafío para entrar no xogo de crear novos mundos; un libro aberto para ser completado na mente do lector, que invita a non deixar de viaxar, a disfrutar coa imaxinación e a pensar...Cal é o teu lugar imaxinario?

         

     -     SETERRA. XOGOS DE XEOGRAFÍA. Axudarache a aprender e poñer en práctica os teus coñecementos en xeografía. Si che gustan os mapas e coñecer onde se atopan diferentes lugares do mundo, con Seterra volveraste un experto. Empeza a xogar!!!
  

(preme na imaxe)

   - Para os que son un pouquiño máis maiores, temos a opción de viaxar sen saír da casa: "Visitas virtuais a lugares históricos". Si che gusta a historia e che encanta viaxar, aquí tes viaxes virtuais a diferentes lugares facendo un percorrido polas distintas etapas históricas, dende a Prehistoria ata a Idade Contemporánea.   

         

(preme na imaxe)


 -    Divírtete coa ciencia: Científico Sabio. Trátase dun xogo con preguntas de ciencia, técnica, lóxica, humanidades...creado polo CSIC, para despertar a curiosidade científica en tres niveis de dificultade. Pósdese xogar de maneira individual ou colectiva. 
   Preme na imaxe e comeza a xogar. 
        





               


     

25 mar 2020

MARZO: PRENSA, ROSALÍA E A POESÍA

  



   Este mes de marzo está repleto de actividades para ir organizando dende a biblioteca. Como vimos facendo ultimamente, imos repartindo as propostas por niveis de xeito que non sempre todos fagan o mesmo todos os anos. Deste xeito, este curso será o alumnado de 3º e 4º o que realice a proposta de Libruxa para a Semana da Prensa na escola, aínda que todas as titorías terán acceso a un número maior de periódicos estes días para traballar nas súas aulas.

   Dende a biblio proponse ao alumnado que despois de familiarizarse coas noticias estes días, escriban el@s mem@s unha sobre algo que sucedeu ou estea a suceder na súa localidade relacionada co medioambiente e o mar para despois recollelas na revista do cole. Esta actividade estábase comezando cando sucedeu a suspensión das clases, polo que quedou inconclusa. 





   Por outro lado, os nen@s de Infantil e 1º e 2º de Primaria adicarán estes días a completar a proposta sobre Rosalía e o Día da Poesía

   Para  presentar estas actividades, como sempre, Libruxa escribe unha carta: 


     
    
      Para conmemorar o Día da Poesía solemos propoñer unha actividade conxunta que relacione a poesía, Rosalía e a temática do noso PDI. Neste caso, Rosalía non ten moitos poemas marítimos ou sobre o mar, por iso decidimos partir dunha ilustración de Miguelanxo Prado titulada "Rosalía e o mar", que os pequeniñ@s de 3 anos de infantil recrearán en formato plástico, mentras que o resto do alumnado de infantil e 1º ciclo, realizarán acrósticos co nome de ROSALÍA e rimas con palabras do mar para ir colocándolle a forma de marco que encuadre o debuxo:


    Para facer o acróstico Libruxa preparou unha plantilla descargable onde tamén podedes facer un pequeno debuxo do voso poema: 



     Libruxa agarda as vosas produccións!!! Ánimo!!!!
 
     Como nos pillou na casa polo confinamento, foi unha actividade que finalmente se propuxo soamente aos nen@s de 2º de E.P., xa que os peques de infantil xa tiñan empezada a súa obra artística: 


   @s pequeniñ@s xa comezaron a súa interpretación desta pintura...Cal será o resultado?
Así empezaran o cadro de Miguelanxo Prado, que quedou no cole a medio facer xa que os peques non volveron ás aulas. Quizais poidamos retomalo o vindeiro curso para outra proposta:






   Para conmemorar o MES DA POESÍA, preparouse un pequena guía lectora con libros e unhas poucas lecturas de poemas de Mar Benegas:

  Mar Benegas by Nazareth on Scribd


 
     Tamén vos deixamos aquí uns poucos poemas de Antonio García Teijeiro que se están a publicar durante o confinamento no diario Faro de Vigo:




       xunto cunha selección de poemas de Fran Alonso, do seu libro O meu gato é un poeta:






   De feito, ocorreusenos propoñerlles aos peques durante o confinamento que xogasen un pouquiño coa poesía:
       -Verás como te diviertes con los versos de Gloria Fuertes! reconstruíndo un dos seus poemas, cada un dando a súa versión e sempre respetando a rima, "Supermercado en Animalandia".
       - Apetécevos xogar un pouquiño con este gato poeta?: descubrindo novos poemas empregando a mesma estructura, creando un "menú rimado" que lle poida gustar ao gato...



   Pouco a pouco nos foron chegando aportacións d@s nen@s  as súas familias: