O Día Internacional das Persoas con Discapacidade foi declarado no 1992 pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade e o desenvolvemento, así como, concienciar sobre a súa situación na súa vida diaria, a nivel político, social, laboral, económico e cultural.
A finais do mes de outubro, chegounos unha proposta dende o cole de Cervo para colaborar nunha actividade cooperativa que pretendía contar con centros educativos das catro provincias galegas e cuxa tarefa final era a realización dun vídeo conxunto baseado no libro de Todd Parr, "Está ben ser diferente".
Esta foi a proposta:
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE by Nazareth on Scribd
Como non, algúns cursos do noso cole aceptamos encantados participar nesta iniciativa de cooperación entre distintos centros educativos, ao mesmo tempo que facemos visible ao noso alumnado esta problemática.
Estas foron as dúas ilustracións que nos tocou representar:
Aínda que o primeiro que fixemos foi amosarlles o conto enteiro en PDF que nos enviaron os coles organizadores da actividade para falar e debatir na aula sobre este tema:
Despois decidimos qué íamos a facer coas ilustracións: para unha facer un mural e para outra, xa que estamos co PDI de centro sobre o teatro, faríamos unha pequena representación:
E esta foi a montaxe final de todos os centros participantes:
Esperamos o vindeiro curso repetir esta experiencia xa que foi moi gratificante para as profes e os nenos e nenas que participamos.

Está Ben Ser Diferente Galego Pictos by Nazareth on Scribd