Para celebrar o Día da Paz propuxémonos un reto a través dunha técnica teatral, a do MIMO, que adaptamos para a actividade: ser capaces de manternos inmóviles mentres os profes Jorge e Marcos nos gravaban amosando diferentes actitudes contra a violencia e a favor da paz.
Así que tivemos que poñer en marcha toda a nosa creatividade e inxenio para dar forma a este mannequin challenge onde conxelamos os nosos desexos de paz:
Non podía faltar as lecturas pola paz, nos expositores da biblioteca, para que todos poidan traballar na mesma biblio ou nas súas aulas este tema a través dos libros.
Nalgunhas aulas fixeron murais que despois decoran os nosos corredores: