A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) convídanos a celebrar o Día de Rosalía con accións colectivas de difusión da súa obra baixo o lema da proposta "Abride a fiestra".
Como non, Libruxa quere sumarse a esta iniciativa e abrir as fiestras da biblioteca a unha das mellores escritoras galegas. Deste xeito, proponvos elaborar, nun soporte que poida colgar nunha fiestra (tela, cartolina, fieltro, platos de cartón, goma-eva...), algún elemento iconográfico ou representativo de Rosalía acompañado dalgúns dos seus versos que o alumnado de cada clase vai escollendo coa axuda dos libros que como sempre estarán no expositor temático.
Aquí deixamos tamén material que pode servirvos de axuda ou darvos algunha idea:
Dende Youtube:
Elaboramos estes PDFs por si algúen quere empregalos tanto na aula para traballar a figura de Rosalía como na elaboración do seu soporte da fiestra:
Traballo Rosalía de Castro-1 by Nazareth on Scribd
Traballo Rosalía de Castro-2 by Nazareth on Scribd
Traballo Rosalía de Castro-3 by Nazareth on Scribd
Este curso a ANPA do cole tamén quixo colaborar coa Biblioteca na celebración do día de Rosalía:
- Repartiu unhas fermosas pegatinas cunha frase de Rosalía
- Elaborou un cartel para poñer en distintos lugares do centro
- Creou un colgador de portas das habitacións coa imaxe de Rosalía para que o alumnado o decorase por detrais con dibuxos ou versos da escritora.
Algunhas clases como as de 6º tamén fixeron os seus propios murais coas lecturas dos poemas rosalianos:
E así fumos abrindo as nosas fiestras a Rosalía. Primeiro a través de presentacións en imaxes e power points e despois ir construindo as nosas pequenas fiestras:
Despois duns días así quedaron as fiestras da nosa biblioteca, CHEAS DE ROSALÍAS!!!!