MONTAXE DA EXPOSICIÓN
Estase achegando o momento da exposición, e na tarde do venres día 4 de maio, os equipos dos diferentes centros que conforman a microrrede adícanse a preparar a súa parte da exposición deste curso en Viveiro.
DÍA DA INAUGURACIÓN: luns 7 de maio
Chegou por fin o gran día. Despois do traballo da montaxe todo está listo e a praza chea de familias dos diferentes centros, así como de diferentes autoridades que quixeron compartir con nós este día:
Xefa territorial de Educación: Mariña Gueimunde.
Asesora das Bibliotecas Escolares, zona norte: Chelo Guntín.
Representante do Equipo de Dinamizacións Lingüística: Pilar Teijeiro
Alcaldesa de Viveiro: María Loureiro
No seguinte vídeo podemos ver un pequeno resumo deste acto: discurso inaugural, actuación do coro formado por uns 160 nen@s de diferentes centros; lectura dun manifesto a cargo da súa autora, Andrea Rivas e rematando coa actuación de Guadi Galego e a performance de LAG na canción de Matriarcas.
O mércores día 9 tivo lugar unha actividade dinamizadora relacionada co TEATRO!!! ADALA TEATRO, unha compañía de teatro infantil de Fazouro formada por 10 nen@s representaron no Teatro Pastor Díaz de Viveiro a obra: Mamasiña, que medo!, de Chus Pereiro.
Os nen@s e as súas familias disfrutraron dunha gran representación a cargo duns excepcionais artistas!!
DÍA DA CLAUSURA: 10 de maio
O xoves pola tarde tivo lugar o acto de clausura da exposición. As mestras de ceremonias fixeron a lectura da clausura e presentaron as diferentes actividades dinamizadoras, agradeceron tanto ás familias participantes a realización dos fantásticos traballos presentados en todos os centros como a presenza das diferentes autoridades. Neste caso,
A inspectora Nazaret Guerreiro.
O inspector Faustino Martín.
A asesora das Bibliotecas Escolares da zona norte, Chelo Guntín.
As actividades dinamizadoras durante este acto foron a actuación do coro formado por alumnado de educación infantil, 1º e 2º de Primaira dos distintos centros, actuación das Moreninhas, Érica Gomes Mendes, Raquel Lopes Ramos e Eliane Tavares Mendes, tres rapazas caboverdianas afincadas en Burela, o encontro coa escritora Rita Morrigan e a visita da escritora Olalla Cociña.
O noso proxecto tivo bastante repercusión na prensa da zona da Mariña:
Dende un vídeo en La Voz de Galicia,
A MARIÑA PENSANDO EN FEMININO (La Voz de Galicia)
Chega ao seu fin en Viveiro "A Mariña pensando en feminino" (La Voz de Galicia)
El Progreso (04/05/2018)
El Progreso (05/05/2018)
La Voz de Galicia (07/05/2018)
El Progreso (08/05/2018)
La Voz de Galicia (08/05/2018)
La Voz de Galicia (11/05/2018)
La Voz de Galicia (11/05/2018)