Páginas

26 may 2018

MES DAS LETRAS: VISÍTANOS IAGO LÓPEZ


  Este venres, 25 de maio, visitou unha vez máis a nosa biblioteca Iago López, que xa coñecíamos por O cociñeiro Martiño, unha historia que nos encantou o curso pasado. 

   Gústanos como escribe, pero ademáis é un excelente contacontos, coa súa peculiar voz que deixa aos máis pequenos engaiolados pendentes do que está narrando. 


    Nesta ocasión, aproveitando que ainda estamos no mes das Letras Galegas, contoulles aos nen@s de 3, 4 e 5 anos unha pequena historia de María Victoria Moreno, "un cachiño de bica".  Mentres o protagonista come só nun restaurante, saen letras dunha cunca para compoñer a historia de amizade entre o neno Iván e a súa cadeliña Nica.

BOTÓNS, PORTAL GALEGO DE EDUCACIÓN: "Os cachorros de María Victoria Moreno" (pdf)



    















 Para os nen@s de 1º e 2º reservou unha historia que estiveron lendo estes días na hora de ler: "Axente Riciños" de El Hematocrítico. Riciños de Ouro vive no bosque dos contos e é unha nena moi espelida que se converte nunha superheroína axudando á policía a desfacerse dos personaxes malvados. 

     Desfrutaron e riron un bo cacho coa súa especial maneira de contar, coa axuda dunha lupa, unha mazá e unha bucina...os nen@s montaron en bici e pasearon polo bosque dos contos como fixo a Axente Riciños axudándoa a evitar que os malos se saian coa súa.