Esta semana celébrase na escola a Semana da Prensa, que aparece no calendario escolar de Galicia dende o 1989 con intención de integrar os medios de comunicación na aula e de que, polo menos, uns días se traballe co xornal na aula.
Libruxa envioulles aos nen@s unha carta cunha nova proposta:
Libruxa envioulles aos nen@s unha carta cunha nova proposta:
Semana Da Prensa by Nazareth on Scribd
Deste xeito, intentaremos aproveitar esta vindeira semana para achegarnos un ano máis á prensa, ben na clase, na biblioteca ou na aula TIC, xa que Libruxa como resultado final de toda a semana proponnos unha actividade baixo o lema:
"TAL DÍA COMA HOXE FAI.....ANOS"
Remóntate ao ano que queiras. Busca unha noticia cun acontecemento ou suceso que capte o teu interese, que che pareza curiosa ou interesante. Analiza a noticia na clase/biblioteca e, finalmente, convértete nun/ha reporteiro/a e informa sobre os feitos reescribindo a noticia.
Para levar a cabo esta proposta, o equipo de biblioteca elaborou un documento que vos presenta en PDF para que poidades descargalo e usalo como traballo previo. Neste documento tamén aparece explicada esta actividade final con plantillas para que poidades usalas na presentación da mesma.
Semana Prensa by Nazareth on Scribd
Asimesmo, tamén se poden empregar os seguintes recursos:
PÁXINAS DE XORNAIS:
RECURSOS DE AULA:
PEQUES PERIODISTAS ( Web para Educación Infantil)
UNIDAD DIDÁCTICA "LA PRENSA INFANTIL" (Slideshare)
Libruxa espera que vos divirtades moito esta semana traballando cos xornais e revistas que chegarán ao noso centro e que estarán á vosa disposición nas clases e na biblioteca e, por suposto, aprendades moitas cousas sobre o fascinante mundo do periodismo.
Espera impaciente a creación das vosas noticias.
Para motivarnos aínda máis, os nen@s de 3º, 4º 5º e 6º tiveron unha visita especial: a periodista de La Voz de Galicia (redacción de Viveiro), María Cuadrado, e que moi amablemente fixo un oco na súa axenda para pasar unha mañá con nós. Con ela, tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man como é a profesión dun periodista, como funciona un periódico, como elixen as noticias...e todas aquelas preguntas que se lles foron ocorrendo durante a charla:
Ademáis tamén recollemos algúns momentos de traballo coa prensa na aula ao longo desta semana: