O martes día 1 de outubro a biblioteca xa está lista para recibir a todas as nenas e a todos os nenos. Podedes vir cos vosos titores e titoras a ler, a buscar información, a ver videos e películas, coller libros en préstamo...Tamén nos recreos, agás os mércores que estará ocupada co clube de lectura.
Ah! moi importante, LIBRUXA ten preparadas unhas actividades para que coñezades mellor como funciona e vos convirtades nuns estupendos bibliotecarios. Estará encantada de vervos de novo.