Páginas

19 dic. 2013

UNHA VISITA MOI ESPECIAL

Un grupo de nenas e nenos foron facer unha visita moi entrañable. Estiveron na residencia da 3º idade de Burela. Compartiron panxoliñas, poesías e contos coas persoas maiores que alí viven.
Ademais de cantar cada curso unha panxoliña, 4ºA regaloulles uns debuxos que fixeron para eles, os de 3º curso recitaron poesías e os de 5ºA leron o libro AVÓS que lles fixo rir.
Os maiores contaron o conto do Apalpador e tamén cantaron panxoliñas. A sorpresa foi que chegou o APALPADOR cun saqueto de castañas que repartiu entre todos.
Como remate invitáronos a unha suculenta merenda.
De volta ao cole comentaban que fixeran amigas que eran moi agradables.
BOA EXPERIENCIA ESTA DE INTERCAMBIO XERACIONAL