Páginas

21 abr 2019

MARZO DE ENTROIDO: "UN BOSQUE DE CONTO"



 
 

   Chega o entroido ao noso cole, e xa nos estamos preparando. Os nen@s colgan os novos ecobanderíans rimados do proxecto para continuar na nosa liña de traballo:



  e Libruxa envía a súa carta aos buzóns para ir entrando de cheo no Entroido e preparar unhas rimas para o meco con accións das persoas perxudiciais para o monte e así poder queimalas o día do Entroido:




    Das diferentes opcións que se propuxeran ao principio de curso dentro do noso PDI, a que finalmente triunfou foi a dos contos do bosque e a elaboración dos disfraces tomando como referencia as personaxes dese conto. 
     Deste xeito o equipo de biblioteca elaborou unha pequena lista con diferentes contos que teñen como escenario principal o bosque e cada nivel ou curso foi elexindo o que máis lle gustaba: 

Para o Entroido by on Scribd

      Na semana de entroido preséntanse tamén as rimas do Meco, así que cada día traemos algunha cousa estrafalaria ao cole, tanto os nen@s como @s profes. Coa queima do Meco, queimamos tamén as accións perxudiciais sobre o monte que lle fumos escondendo para prepararnos de cara ao seguinte trimestre, centrado na conciencia medioambiental. 

     






     





   Así quedou o noso pasarrúas por Burela: 

  

 E....despois de moito andar e xa un pouco cansos, degustamos os doces típicos do Enroido que nos trouxeron as familias: 



 








25-28 DE FEBREIRO, RECORDAMOS A ROSALÍA


    "DO XIX AO XXI, LIBRE O MEU PENSAMENTO"


    Moitos dos poemas de Rosalía amosan a unha muller en plena harmonía coa natureza e o entorno da súa terra, polo que as titorías reciben nos seus buzóns unha carta de libruxa coa proposta de actividade:



    Baixo o título "Follas para Rosalía", quixemos este curso celebrar o seu día escollendo versos seus que tivesen relación co monte, os animais, o campo, a natureza...e partindo deles creamos novos versos que continuaran os seus poemas. O resultado foron as nosas follas para Rosalía que fumos colgando nunha das árbores da nosa fraga particular.

 
Rosalía Follas by on Scribd

        E así se foi enchendo de follas, no remate do inverno, e achegándose a primavera, a nosa árbore para Rosalía: 



    Os nen@s tamén levaron para a casa a súa folla de Rosalía coa poesía que crearon por aula partindo dalgunha das súas estrofas ou versos: 

   



  e así foi o proceso do traballo: 

    



FEBREIRO, MES DO AMOR






     Amor aos animais, como comprobamos o mes pasado no noso particular mes da Paz; amor á natureza e a todos os seres vivos que habitan nela...

    Ao longo deste mes de febreiro fumos cambiando pouco a pouco o noso monte particular e decorando a vella árbore da entrada con corazóns trenzados cheos de mensaxes de amor e respeto e accións positivas cara o medio ambiente. 

      Primeiro trenzamos os corazóns con papeis de cores nas clases de plástica e despois escribimos as nosas mensaxes.





 Libruxa, como sempre, cambiou o expositor temático e este mes tocan "LECTURAS CON MOITO CORAZÓN"


CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ: CONTRA O MALTRATO ANIMAL

 



















     Como todos os anos, celebramos o Día Escolar da non Violencia e da Paz. Libruxa prepara o seu expositor temático con suxerencias de lecturas para estes días:




         E tamén envía unha nova carta coa proposta da biblio para conmemorar este día:




        Apareceron neste mes os ecobanderíns en rima para a nova etapa do noso proxecto: as árbores autócotonas dos nosos montes, polo que tamén falamos do respeto e coidado cara ás nosas plantas:

             


  Libruxa tamén propuxo unha tarefa moi especial: construír un muro verde contra o maltrato animal. Seguindo na liña do noso proxecto de centro a actividade pretende concienciar aos nenos e nenas de cara á violencia contra os animais, tema traballado nas aulas ao longo de todo o mes de xaneiro e cuxa tarefa final son as mensaxes que ao longo dese día se foron pegando no muro verde da paz. 

     Para prepararnos no tema e ver que é unha realidade que non está tan lonxe de nós, propuxémoslle ás persoas voluntarias da protectora de animais municipal, "bigotes", que nos viñesen dar unha charla sobre o abandono dos animais, os coidados que requiren, o traballo que realizan elas na perrera....Ao mesmo tempo coñecimos as historias dalgúns dos canciños e gatiños que estiveron ou aínda están alí, e que fixeron emocionar a non poucos nen@s e profes tamén.



   Foi unha experiencia que de verdade mereceu a pena, xa que moitos nen@s non sabían nin da súa existencia, ou a posibilidade de adoptal algúns dos animais que alí viven:








  Tamén concienciamos ao noso alumnado sobre este tema a través de diferentes contos. "Érase unha vez....o respeto polos animais"







     Despois de documentarnos sobre o tema, así foron quedando as nosas mensaxes no muro verde:


























 
    Ademáis ese día saímos ao patio a cantar a canción de Roberto Carlos, "Yo quisiera ser civilizado como los animales":


Tamén propoñemos unha serie de recursos de UNICEF con actividades sobre o día da paz para traballar nas aulas: