Páginas

22 abr 2019

ECOLIMPÍADA: UNHA AVENTURA POLO MONTE










    Chega abril, e con el o Mes do Libro, polo que os voluntari@s da biblio decidiron elaborar este mural cheo de pequenos títulos de libros que para eles significan algo na súa historia lectora, e como non, con refrán incluído. 

     Recibiron no buzón a carta que están todos esperando para celebrar o mes do libro: 



     O equipo de biblioteca preparou unha "Ecolimpíada: unha aventura polo bosque" na que participarán todos os niveis do cole, cun mapa de búsqueda de dez preguntas (5 para educación infantil), cuxas respostas estarán nos libros de consulta do expositor temático do proxécto, colocado na casa do gardabosques. 

     Esta será o punto de partida do percorrido. Pasarán por un camiño con dez paradas onde estarán uns sobres coas preguntas para cada nivel (sobre laranxa para infantil, 1º e 2º e sobre verde para 3º, 4º, 5º e 6º). A aventura remata na casa da bruxa. Alí os espera Libruxa cun cesto onde meterán as follas coas súas respostas. Ao final do percorrido, haberá un sobre grande amarelo cos títulos dos libros onde atopar as respostas, para axudar un pouquiño aos titor@s na búsqueda.  

       Elaboramos o mapa coa axuda dos nen@s que se quedan pola tarde na biblioteca e cos debuxos do alumnado de infantil e 1º ciclo. Podemos atopar de todo neste monte, dende diferentes tipos de árbores autóctonas, ata formigueiros, rás, peixiños, esquíos mouchos, lobos, bolborestas.... 

     

 








  Así quedou finalmente o noso mapa. Xa podemos comenzar a aventura!!!!




     Con esta actividade pretendemos centrar a atencións dos pequen@s nun tipo de libro que normalmente non levan en préstamo para a súa casa: o libro de consulta e así, estimular e fomentar as súas estratexias de investigación e búsqueda de información nesta sección dos fondos, ao mesmo tempo que pasan momentos divertidos e de lecer colaborando traballando en grupo na biblioteca escolar. 

       Para isto, o primeiro paso foi seleccionar os libros máis axeitados e colocalos no expositor do gardabosques 

    



                       










  e elaborar as preguntas, xunto coas plantillas para as respostas de cada grupo que se lle entregou a cada titoría: 

 
Ec Olimpia Da by on Scribd
  
    Así foron as nosas sesións de búsqueda: 



    Coa chegada do novo mes, tamén os nen@s preparan e colgan o novo ecobanderían sobre o monte: 






21 abr 2019

MARZO CON MOITAS PROPOSTAS



    Entrados xa en marzo, chega un mes cargado de actividades para a biblioteca escolar. Parece que se vai xuntando todo...uffff!!!!

     Moi relacionado co noso proxecto de centro, polo que nos pareceu moi interesante, o 7 de marzo visitaron aos nen@s de 2º de primaria os Bolechas.  A Consellería de Medio Ambiente puxo en marcha unha campaña infantil para fomentar a reciclaxe dos residuos de aparellos eléctricos e lectrónicos. Para axudar nesta importante tarefa, os Bolechas convertéronse nos Electrecos, superheroes da reciclaxe de RAEE. 

    Serán os encargados de explicar de forma amena e didáctica pautas e coñecementos para o correcto tratamento dos residuos, ao tempo que recrutan novos superheroes no alumnado do cole para formar un gran movemento de eco-heroes da reciclaxe e defensores do coidado do medio ambiente. 





  E así o pasaron de ben:









 Ao día seguinte, o 8 de marzo, celebramos no cole o Día da Muller.
 


        Ademáis do cambio de expositor temático coas propostas lectoras de Libruxa para estes días:



     e despois de moito pensalo, decidimos que para conmemorar este día sería interesante que o noso alumnado coñecese a mulleres que tivesen algún tipo de traballo relacionado co monte e o seu coidado. Moitos destes traballos ata fai pouco tempo reservados única e exclusivamente aos homes.

       Realizadas as xestións pertinentes, viñeron dúas gardas forestais, Carmen para falarlles aos máis pequenos do cole e que xa coñeciamos na nosa excursión á Fraga Vella no 1º trimestre e que se encarga, entre outras tarefas, do coidado da reserva de venados da zona; a outra gardabosques, Isabel Calveta, que lles falou aos maiores, entre outras cousas a problemática dos incendios e as súas consecuencias.


                   












  En marzo, tamén participamos, como todos os anos, no Programa Prensa-Escola que organiza La Voz de Galicia, polo que organizamos un pouco a nosa Semana da Prensa na Escola do 11 ao 15 de marzo
       
    Aquí vamos deixando algúns enlaces que vos poden interesar:


    
   
    

    


  
    Pensando nesta semana, pareceunos interesante xa case dende principios de curso facer unha busca de noticias actuais sobre os nosos montes, contaminación, deforestación, accións ambientais saudables, acordos internacionais...un pouco ir botando unha ollada na prensa diaria sobre aquelas novas relacionadas co medio ambiente que poidese servir de base para elaborar nós a noticia sobre un logro medioambiental que nos gustaría ver escrita na prensa algún día.

   Este foi o resultado:











     Tamén elaboramos para os máis pequenos do cole un imprimible para convertilos en "Pequeperiodistas".

    
    
  





















 E xa vamos rematando marzo...

   Xoves, 21 de marzo, Día da Poesía
  
   Xa de cheo entrando na primavera, ademáis de cambiar o mural de inverno por outro moitos máis primaveral plasmando follas en negativo, decidimos cambiar as "Follas para Rosalía"  e encher a nosa árbore de "Flores de poesía". 


 Pensamos en que os nen@s xogasen coas palabras e desen renda solta á súa creatividade. A proposta da biblio para a semana da poesía foi elexir algún poema ou autor dos libros do expositor temático e nas sesións na biblio levar a cabo unha serie de talleres de escritura creativa onde creasen novos poemas elexindo diferentes estratexias poéticas: pareados orixinais, acrósticos, caligramas, continuar algún poema coñecido, coller diferentes versos do mesmo autor e crear un poema novo sen cambiar ningunha palabra deses versos, simplemente mesturándoos buscando rimas novas, coller palabras de versos coñecidos que rimen e crear un novo poema....

    Para esta actividade, as propostas de Libruxa foron as seguintes:


   As nosas árbores poéticas foron quedando así: