Páginas

4 abr 2022

INTRODUCINDO E-LBE2

 


   É unha plataforma de préstamo dixital de balde. Busca que profesorado e alumnado coñezan de primeira man a lectura dixital e dean conta das posibilidades que ofrece para a mellora da competencia e dos hábitos de lectura entre os máis novos.

            ONDE SE PODE LER?

   - No noso móvil ou tablet, para o que haberá que ter instalada a APP Bega-elbe2.

   - No ordenador personal, a través da Windows App, bega-elbe2, ou descargandoo nun lector de libros electrónicos.

   - Online, dende o navegador.

              PARA EMPEZAR: 

  • Desde a caixa de busca podemos realizar buscas directas por autor, título... ou empregar os filtros rápidos dispoñibles.
  • Unha vez realizada a primeira busca, aparecerán máis opcións de filtrado, onde podemos ver o número de títulos dispoñibles en cada apartado, e seguir filtrando por editorial,  autor, materia, ...
  • Unha vez localizado o título do noso interese, podemos acceder á súa ficha e dispoñer de máis información como o ano de publicación, resumo, ISBN.