Páginas

17 mar 2022

DÍA DA MULLER: BATUKO TABANKA




         Libruxa xa preparou as súas suxerencias lectoras para o Día da Muller: 



    Recentemente galardoadas co premio "Mestras da Memoria 2020", concedido pola Asociación de Escritores/as en Lingua Galega, estas mulleres caboverdianas de diferentes xeracións, recollen, recuperan e non olvidan a súa cultura, a súas cancións, a súa música, a súa tradición...pese a levar aquí algunhas delas moitos anos, e outras ter nacido aquí. 

     A comunidade caboverdiana forma parte de Burela e os seus nenos e nenas da nosa comunidade educativa, polo que este Día da Muller quixemos rendirlle a nosa particular homenaxe como recoñecemento a unha traxectoria artística e persoal donde a música revive a memoria das súas orixes que recuperan entre nós e da que nos fan partícipes. 

       Batuko Tabanka leva 20 anos facendo música e recibindo recoñecementos. Cantan en crioulo-caboverdiano. Un pedaciño de África entre nós; unn canto á igualdade, á non violencia contra a muller, que tamén se reflicte nalgunha das súas cancións. 


















      O alumnado de 6º investigou sobre os seu comezos, as súas integrantes, o tipo de música e as cancións máis importantes.